Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ABERTA A MATRÍCULA PARA AS I XORNADAS DE ACTIVIDADES ACUÁTICAS SAUDABLES
ABERTA A MATRÍCULA PARA AS I XORNADAS DE ACTIVIDADES ACUÁTICAS SAUDABLES
Organizadas pola Fundación Universidade da Coruña en colaboración con Padroado de Deportes de Narón, se desenvolverán do 25 ó 27 de novembro.
Narón, 2 de Novembro de 2011.- O Grupo de Investigación de Actividades Acuáticas e Socorrismo (GIAAS) da Fundación Universidade da Coruña organiza, en colaboración co Padroado de Deportes do Concello de Narón, as primeiras Xornadas de Actividades Acuáticas Saudables. Trátase dun curso intensivo de 16 horas teórico-prácticas de formación, que se desenvolverá os días 25, 26 e 27 de novembro.

As xornadas están dirixidas a técnicos de actividaes acuáticas, monitores de natación de doutras actividades acuáticas, técnicos de actividades físicas e animación deportiva (TAFAD), licenciados e graduados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, socorristas acuáticos, e estudantes das formacións relacionadas coas actividades acuáticas.

Os requisitos para poder asistir a estas xornadas son os seguintes: estar en disposición do título de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), ser maior de idade, saber nadar (manterse con facilidade na auga en zonas con profundidade, e desprazarse unha distancia mínima de 25 metros), e achegar o material de uso persoal para as prácticas (traxe de baño, gorro de baño, chancletas, lentes para nadar, e se é posible, aletas).

A encargada da coordinación destas xornadas é a profesora María del Castillo Obeso, e nas mesmas tamén participarán os seguintes profesores especialistas: José Palacios (Prevención de accidentes acuáticos), Andoni Oleagordia (Actualización en soporte vital básico), Elsa Mª Méndez (Actividade acuática e embarazo), Rita Pinto (Actividade acuática infantil), Laura Grande (Actividade acuática e discapacidade), Joao Santos (Ximnasia acuática), María del Castillo (Actividade acuática de mantemento) e outro profesor aínda por confirmar, que falará sobre Actividade acuática para maiores.

As Xornadas de Actividades Acuáticas Saudables se celebrarán en varios escenarios de Narón. Así, as clases teóricas terán lugar na Nave de Formación Irmáns Froilaz, metres que as prácticas se impartirán na piscina e na aula do Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara.

As costas de inscrición serán as seguintes: 80 € para alumnado da Universidade da Coruña (UDC) e do municpio de Narón, e 100 € para o resto de persoas interesadas. Haberá un mínimo de 25 prazas para a celebración destas xornadas, e un máximo de 50.

A formalización de inscricións se realizará no Rexistro Xeral do Concello.Os trámites para inscribirse serán os que seguen:

1º A persoa interesada cubrirá a ficha de inscrición e a entregará no Rexistro Xeral do Concello, no prazo comprendido entre o 2 de novembro e o 16 de novembro. Non se fará ningún ingreso de matrícula á Universidade.

2º Sempre e cando o número de inscritos/as sexa como mínimo de 25 persoas para empezar o curso, os inscritos serán chamados telefónicamente nos días seguintes para comunicarlles que deben facer o ingreso bancario da matrícula entre o luns 21 e o xoves 24 de novembro.

O resgardo do ingreso da matrícula na conta da Fundación Universidade da Coruña deberá achegarse para a matrícula nesas datas nas oficinas do Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara, en horario de 9:00 a 13:00 horas.

A documentación das Xornadas estará dispoñible no Rexistro Xeral do Concello e nas oficinas do Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara.


Descarga de archivos
Documentación sobre as I Xornadas de Actividades Acuáticas SaudablesTamaño: 505,54 KBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal