Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O AUDITORIO ACOLLE A ESTREA DA OBRA DE TEATRO INFANTIL "O GATO MANCHADO E A ANDORIÑA SEÑÁ"
O AUDITORIO ACOLLE A ESTREA DA OBRA DE TEATRO INFANTIL
Teatro do Morcego representará esta peza teatral o domingo 6 de novembro, ás 18:00 horas.
Narón, 3 de Novembro de 2011.- O Auditorio Municipal da Praza de Galicia acollerá o domingo 6 de novembro ás 18:00 horas a estrea da obra de teatro infantil “O gato manchado e a andoriña señá”, da compañía residente en Narón Teatro do Morcego.

A peza teatral, dirixida a nenos/as a partires de 6 anos de idade e ó público familiar, recolle “unha historia de amor difícil e cun final incerto” en palabras do seu director, o dramaturgo naronés José Luis Prieto. “É unha traxicomedia animal, ambientada nun mundo de paxaros no que de súpeto xurde un gato”, sinalou o director, calificando a esta obra coma “un espectáculo que visualmente vai ser un pracer de ver, porque é moi fermoso e inclúe diversión e tenrura”.

A estrea está protagonizada polos actores Carlos Mosquera “Mos” e Celia González, nos papeis de gato e andoriña respectivamente. A obra ten unha duración de 50 minutos, nos que hai “partes tranquilas e divertidas, alternadas con amor, desamor, aventuras e risa, todo elo aderezado por pezas musicais e a voz en off de Celso Parada.

O prezo das entradas é de 4 € nenos/as e 8 € adultos.

Precisamente o director de Teatro do Morcego agradeceu o apoio incondicional do Concello de Narón a esta compañía teatral, que por segunda vez é residente en Narón. Logo do seu estreno o vindeiro domingo, Teatro do Morcego continuará representando esta obra ó longo da próxima semana (do 7 ó 11 de novembro) dentro da Mostra de Teatro Infantil, na que participarán 8.000 escolares de Narón e bisbarra ata o dia 1 de decembro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal