Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PARROQUIA DE DOSO CELEBRA O 5 DE NOVEMBRO UNHA NOVA EDICIÓN DA RECREACIÓN DA ESFOLLA TRADICIONAL
As actividades comenzarán ás 5 da tarde, e inclúen unha exposición de bonecos de maínzo, xogos populares, e un museo vivo adicado ó ciclo do pan, entre outras.
Narón, 3 de Novembro de 2011.- O Padroado de Cultura do Concello de Narón, e a Asociación de Veciños “A Naveira” de Doso están a ultimar os detalles do programa de recreación da Esfolla Tradicional de Doso 2011, que se celebra nesta parroquia o vindeiro sábado 5 de novembro. Trátase dunha recreación etnográfica arredor dunha tarefa agrícola e comunitaria, desenvolvida nun rueiro agrícola, e reproducindo elementos e valores de base comunitaria, de participación da veciñanza e de reconstrución e práctica activa da cultura popular. Este ano alcanza a súa 14ª edición. O programa de actos da recreación da Esfolla 2011 é o seguinte: -Comitiva dos Carros de maínzo (dous carros de maínzo sairán de diferentes puntos da parroquia, un do rueiro da Cousa e outro do rueiro da Braña, acompañados de grupos etnográficos, para chegar ó tempo ó pé da Igrexa de Doso, onde serán recibidos polos bailes e a música dos grupos do Padroado de Cultura de Narón). -Exposición de Bonecos de maínzo (realizada a partires dos traballos feitos polos alumnos/as dos centros educativos de Educación Primaria de Narón). -Museo Vivo (adicado ó ciclo do pan, dende a plantación do cereal ate o amasado do pan, por medio de máis de cen pezas de carácter etnográfico existentes nas casas da veciñanza de Doso, amosando tamén o xeito de amasado e de cocedura tradicional e o traballo ó vivo de dous artesáns). -Esfolla do maínzo (unha vez descargado o maínzo, os máis vellos do lugar inauguran a esfolla coma homenaxe á laboura feita na salvagarda das nosas tradicións). -Obradoiro de Bolas na Sartén(faise como unha referencia á comensalidade galega existente en tódalas celebracións comunitarias galegas). -Xogos populares (realizaranse diferentes xogos de corte tradicional relacionados co maínzo, así como obradoiros de construcción de xogos e enredos a base de mazarocas, maínzo e materiais vexetais do entorno da eira). -Música e danza tradicional (actuarán os grupos de gaitas do Padroado da Cultura, e o Grupo de Danza Tradicional Alxibeira, tamén do Padroado). As actividades comenzarán a partires das 17:00 horas. A Asociación de Veciños “A Naveira” de Doso convidará a tódolos asistentes a castañas e a unha chocolatada popular.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal