Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
NOVA PROGRAMACIÓN TEATRAL INFANTIL E FAMILIAR OS DOMINGOS NO AUDITORIO
NOVA PROGRAMACIÓN TEATRAL INFANTIL E FAMILIAR OS DOMINGOS NO AUDITORIO
Haberá teatro infantil, maxia, e novo circo. As funcións están dirixidas a tódolos públicos, e se representan os domingos ás 18:00 horas.
Narón, 11 de Novembro de 2011.- A Concellería de Cultura de Narón, dirixida polo edil Guillermo Sánchez Fojo, ven de estrenar unha nova edición do Programa de Teatro Infantil e Familiar, que se desenvolverá durante os meses de novembro e decembro e que inclúe, ademáis de funcións teatrais, espectáculos de maxia e de novo circo.

O programa, que comenzou o pasado domingo dia 6 de novembro coa estrea de “O gato manchado e a andoriña siñá”, continúa con outras cinco representacións para o público infantil e familiar, os domingos ás 18:00 horas. En tódolos casos, o prezo das entradas é de 4 € (para nenos/as de 2 a 14 anos) e de 6 € (maiores de 14 anos).

Así, o vindeiro domingo 13 de novembro se representará “Cuarto de cuentos” a cargo da compañía Titiritrán. Trátase de teatro de monicreques, dirixido ó público a partir de 6 anos, no que se crea unha divertida historia a través de libros que cobran vida para ser contados, e personaxes que entran e saen do mundo dos contos.

O domingo 27 de novembro será o turno da compañía teatral Teloncillo, con “Los animales de don Baltasar”, dirixida a nenos/as a partires de 3 anos. A obra conta a historia dun home que atopa un gato que ruxe, un can que miaña, unha vaca que fai cuácuá e un pato que ladra. O elenco está formado polos actores Silvia Martín, Juan Luis Sara, e Javier Carballo.

A programación de teatro infantil continuará durante o Nadal, coa representación de tres espectáculos. Así, o luns 26 de decembro estará no Auditorio o mago Dani García, co seu espectáculo de maxia “Da´Kara”, no que reina o misterio, a incerteza e o imposible. A función, dirixida a tódolos públicos, inclúe unha variedade de efectos máxicos, dende múltiples aparicións e desaparicións de persoas, ata números de alto risco ou unha poesía visual composta como homenaxe a un dos máis grandes magos de Galicia.

O martes 27 de decembro se representará unha función de novo circo, a cargo da compañía Os Sete Magníficos + 1. “Dous pallasos en apuros” concíbese coma un espectáculo clown de creación propia, no que recupéranse e actualízanse vellas farsas de circo clásico creadas pola familia Colombaioni para compoñer unha obra cómica dirixida ó público familiar (a partires de 3 anos de idade). Esta representación circense propón ós enos e nenas unha revisión cómica sobre situacións do mundo real, co humor e a ilusión herdadas do circo clásico: as relacións de poder, o medo ó dentista, etc…

Finalmente, o programa de Teatro Infantil e Familiar concluirá o mércores 28 de decembro, coa obra de monicreques “Humanos” da compañía Marie de Jongh. Esta peza conta a historia de dous robots de apariencia humana que viven envoltos nunha felicidade aparente. Recrean constantemente conductas humanas, pero fano de xeito bastante artificial e mediante eles descúbrese que nada é para sempre, pero que aínda así, merece a pena vivir a vida.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal