Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
TERTULIAS DE SENSIBILIZACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Se celebran do 28 de novembro ó 2 de decembro en diferentes barrios e parroquias de Narón.
Narón, 18 de novembro de 2011.- A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Mª Teresa Sabio, ven de organizar unha serie de Tertulias de Sensibilización con motivo da celebración –o vindeiro 25 de novembro- do Día Internacional contra a violencia cara ás mulleres. As charlas levaranse a cabo en diferentes parroquias do concello, durante cinco días consecutivos, e nas mesmas se tratarán os seguintes contidos: violencia de xénero analizando as súas causas, formas de manifestarse, medios para combatela, etc… A Concelleira de Igualdade, Mª Teresa Sabio, fixo un chamamento público ás mulleres de Narón de cara á súa participación nestas tertulias, que se celebrarán nas seguintes datas e lugares: Luns 28 de novembro: Centro Cívico Social de O Alto (17:00 horas) Martes 29 de novembro: Centro Cívico Social de O Val (17:00 horas) Mércores 30 de novembro: Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros- A Gándara (17:00 horas) Xoves 1 de decembro: Local Veciñal de A Pombiña- Pedroso (17:00 horas) Venres 2 de decembro : Local Veciñal de Mulleres Rurais de Ferrerías- Xuvia (17:00 horas) As persoas interesadas en obter máis información, poden chamar ó número de teléfono do Concello 981 33 77 00 (extensión 1113).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal