Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O persoal do Concello e os representantes políticos municipais gardaron cinco minutos de silencio, en conmemoración desta data.
Narón, 25 de novembro de 2011.- A Concellería de Igualdade do Concello de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, convocou hoxe nunha concentración silenciosa diante da porta do Concello para conmemorar o día Contra a Violencia de Xénero. Os traballadores do Concello de Narón e os representantes políticos gardaron cinco minutos de silencio, en memoria das víctimas da violencia de xénero, e en repulsa a este tipo de accións violentas. Ademáis, en colaboración coas asociacións de mulleres de Narón, distribuiranse 5.000 dípticos divulgativos sobre este tema en diferentes mesas informativas dende o venres 25 de novembro ata o sábado 10 de decembro. O programa de actos do 25 de novembro inclúe un acto institucional contra a violencia, frente ó monumento á muller situado na Praza de A Gándara. Será o sábado 10 de decembro ás 12:00 horas. No mesmo, a Concelleira de Igualdade dirixirá unhas verbas ós presentes e haberá unha ofrenda de flores, ademáis das actuacións de poetisas e musicais. Tamén está prevista a celebración de Tertulias de Sensibilización, dende o 28 de novembro ata o 2 de decembro, de 17 a 19 horas nos centros cívicos sociais de O Alto, O Val, A Gándara, Pedroso e Xuvia, respectivamente. Trátase de grupos de discusión nos que se falará de aspectos relacionados con esta temática, nos que participarán centros educativos e entidades asociativas de Narón. Estos faladoiros rematarán cunha pequena conclusión da que se extraerá unha frase significativa de cada un deles.
Descarga de archivos
Foto do homenaxe frente ó Monumento á Muller, na praza de A Gándara
Tamaño:1,26 MB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal