Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO OFRECE POSTAIS ELECTRÓNICAS E POSTAIS EN PAPEL PARA FELICITAR O NADAL EN GALEGO
O CONCELLO OFRECE POSTAIS ELECTRÓNICAS E POSTAIS EN PAPEL PARA FELICITAR O NADAL EN GALEGO
O material é gratuito e pode descargarse na web ou ben recollelo no propio Concello.
Narón, luns 12 de Decembro de 2011.- O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón, dependente da Concellería de Educación, ven de lanzar unha campaña para felicitar o Nadal en lingua galega entre a cidadanía. A iniciativa, que xa foi realizada con éxito durante as pasadas navidades, ofrece unha serie de material (postais en papel, postais electrónicas e modelos de textos para enviar por sms) que está disponible na páxina web do Concello (www.naron.es , no banner “Felicita o Nadal en galego”).

Así, as postais en formato papel pódense descargar na web do Concello ou ben recollelas na 5ª planta do Concello, onde se atopa o Servizo de Normalización Lingüística. A postal electrónica está disponible na rede, en dous modelos diferentes e ofrece a posibilidade de personalizalas a través dun texto que redacta cada usuario. Finalmente, existe unha ampla variedade de textor de felicitación en lingua galega para enviar por sms.

O Servizo de Normalización Lingüística foi creado a través dun convenio de colaboración coa Deputación da Coruña, denominado “Programa de cooperación cos concellos da provincia da Coruña, para a creación ou mantemento dos servizos de normalización lingüística, anualidades 2010-2011”. En Narón, pódese contactar con este servizo no teléfono do Concello 981 33 77 00 (extensión 1516) ou 607 223 794 (Adela) ou ben a través do enderezo de correo electrónico a.pita@naron.es



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal