Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
COMENZA A CAMPAÑA "EN NADAL, COMERCIO DE NARÓN" PROMOVIDA POLA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES E O CONCELLO
Durará catro semanas, nos centros adheridos á mesma, nos que se sortearán unha viaxe, un vale de compra de 1.000€, e catro cestas de nadal.
Narón, luns 12 de Decembro de 2011.- O Concello de Narón e a Asociación de Comerciantes de Narón presentaron hoxe a campaña “En Nadal, comercio de Narón”, que ten como obxectivo potenciar o pequeno comercio e a hostelería de Narón. Esta campaña ten unha duración limitada de 4 semanas, comenzando hoxe 12 de decembro e prolongándose ata o 11 de xaneiro de 2012. Ata o de agora hai xa 68 establecementos adheridos á campaña, pero poden sumarse todos os pequenos comercios de Narón que aínda non o fixeran. Os interesados en participar nesta acción deberán inscribirse na web www.comerciodenaron.es ou enviando un correo electrónico cos seus datos (nome, nif, enderezo e teléfono) a nadala2011@comerciodenaron.es A campaña “En Nadal, comercio de Narón” divídese en tres accións diferenciadas: -Promoción do comercio local coa campaña “En Nadal, comercio de Narón”. -Un concurso de ambientación navideña, “Entra no Nadal en Narón”, dirixda ó comercio en xeral. -Un concurso de tapas, “Saborea o Nadal en Narón”, dirixido á hostelería e restauración. A campaña do comercio constará de tres premios cos que se pretende incentivar o consumo. Os clientes que fagan compras superiores a 10€ nos comercios da campaña, terán dereito a participar nela. Os comercios disporán de urnas e papeletas coas que se pode participar nos sorteos. Haberá tres premios: un primeiro premio consistente nunha viaxe para duas persoas no Tren Turístico de FEVE, un segundo premio consistente nun vale de compra de ata 1.000€ para gastar en alomenos 3 dos establecementos participantes, e catro cestas de nadal. A segunda das accións desta campaña consiste nun concurso de ambientación navideña, a realizar nos escaparates, na vestimenta e nos interiores dos comercios adheridos. Os comerciantes teñen de prazo ata o 19 de decembro para inscribirse neste concruso, enviando un correo electrónico á dirección citada anteriormente. Nese e-mail deberán adxuntar ata tres fotografías do establecemento ou do persoal que traballa no mesmo, coa ambientación navideña correspondente. O xurado valorará a orixinalidade, presentación visual xeral, a estimulación á compra e a laboriosidade da decoración navideña. Haberá tres premios en metálico, de 200€, 100€ e 50€ respectivamente. Por último, e como principal novidade, este año realizarase unha campaña gastronómica que leva por título “Saborea o Nadal en Narón” e que está dirixida a establecementos de hostelería (mesóns, bares e restaurantes). Os interesados en participar deberán facelo por correo electrónico na mesma dirección anterior, tendo de prazo ata o día 22 de decembro. Deberán enviar unha fotografía co nome de cada unha das tapas coas que participarán no concurso, podendo presentar un máximo de 3 tapas por establecemento. Estos pinchos poderán ofrecerse de balde ós clientes ou por un prezo nun superior ós 3 euros. O xurado valorará a orixinalidade, presentación, sabor, dificultade e prezo á hora de otorgar os premios (similares ós do concurso de ambientación navideña). Tanto o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, coma o Concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, destacaron a importancia de fomentar o consumo no pequeno comercio de Narón. Pola súa banda, Olga Ameneiro, da Asociación de Comerciantes de Narón, fixo un chamamento ós veciños do resto da bisbarra para coñecer o que ofrece o comercio naronés.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal