Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA IMAXE NOCTURNA DA PONTE PEATONAL DE XUVIA GAÑA O PREMIO DO II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
No certame participaron un total de 61 persoas, que aportaron 172 imaxes diferentes de Narón.
Narón, luns 5 de Decembro de 2011.- O II Concurso de Fotografía ‘Cidade de Narón’ ten xa gañadores. O xurado ven de resolver os nomes dos tres primeiros clasificados, que obterán un premio económico de 600€, 300€ e 150€ respectivamente. A entrega dos galardóns terá lugar o xoves 15 de decembro, ás 12:00 horas, na Sala de Prensa do Concello. Así, a fotografía gañadora é propiedade de Guillermo de Castro Togores (de Ferrol), quen presentou unha instantánea da ponte peatonal do paseo marítimo de Xuvia, ó anoitecer. O segundo premio foi para Mª del Carmen Rodríguez Fernández (de Ferrol) cunha imaxe do Concello vista dente a Praza de Galicia. E o terceiro posto recaeu en Mª Fernanda Gómez Pernas (de Castro, Narón) por unha fotografía da escultura da rotonda de Freixeiro, na que están representadas tódalas parroquias do municipio. O número total de participantes nesta convocatoria foi de 61 persoas, que presentaron un total de 172 instantáneas. As fotografías pódense ver na páxina da Concellería de Turismo de Narón (www.turnaron.es) A entrega de premios terá lugar no Concello o día 15 de decembro, ás 12:00 horas. A Concelleira de Turismo de Narón, Mª del Mar Gómez, agradeceu a tódolos concursantes a súa participación e destacou a calidade das fotografías feitas especialmente para este certame. O xurado estivo formado por representantes políticos municipais, actuando como asesor un fotógrafo profesional. Os membros do xurado foron os seguntes: Mª del Carmen Espada (Concelleira coordinadora do Servizo Sociocomunitario -actuou como presidenta do xurado-), Mª del Mar Gómez (Concelleira de Turismo), Catalina García (Concelleira de Acción Social e Participación Cidadá), Teresa Sabio (Concelleira de Promoción Social e Igualdade), Miguel de Santiago (concelleiro do Partido Popular) e Mª José Rodríguez Porto (concelleira de Converxencia Galega).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal