Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A PRAZA DE GALICIA ACOLLE ESTE SÁBADO A III XORNADA MOTEIRA SOLIDARIA
A PRAZA DE GALICIA ACOLLE ESTE SÁBADO A III XORNADA MOTEIRA SOLIDARIA
Se recollerán alimentos e xoguetes para distribuir a través de Cáritas. Haberá actuacións musicais e a visita de Papá Noel.
Narón, martes 13 de Decembro de 2011.- O Motoclub Fojeteiros de Narón, en colaboración co Concello de Narón, organizará este sábado 17 de decembro a III Xornada Moteira Solidaria “Todos con una sonrisa”. Trátase dun evento benéfico e solidario que ten como obxectivo a recollida de alimentos e xoguetes para entregar a Cáritas Diocesana de Narón, que á súa vez distribuirá entre as persoas e familias máis necesitadas de Narón e comarca.

Esta iniciativa, de carácter altruista, foi presentada hoxe en rolda de prensa polo presidente do Motoclub Fojeteiros, Santiago Galego, e a Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida. Ambos destacaron a importancia desta acción, que dará comenzo ás 16:00 horas diante do antiga Casa Consistorial de Xuvia. Dende alí partirá unha caravana moteira, encabezada por un trineo sobre o que irá Papá Noel, acompañado dun representante de cada moto club, peña ou grupo moteiro que participa nesta iniciativa.

Ata o de agora, está confirmada a presenza dos seguintes grupos moteiros: Moto club Amijos moteiros da Gándara, Moto club Doom Crew, Moto club Ortegal, Moto club Irmandiños sobre rodas, Peña motera A Medio Gas, Peña motera Tukekes, Peña Amigos Moteros da Terra Meiga, e Asociación Poceira Sport. Cada un deles portará unha bandeira ou estandarte propio. Se algún grupo máis quere participar pode facelo enviando un correo electrónico á seguinte dirección: santi_presidente@motoclubfojeteiros.com

A caravana solidaria percorrerá a Estrada de Castela, Santa Cecilia, Ferrol e A Gándara, realizando paradas nos establecementos e empresas colaboradoras. Sobre as 16:30 horas chegará á Praza de Galicia, onde se celebrará un festival baixo unha carpa de 1.000 m2.

Neste espazo haberá programadas actividades para nenos/as e maiores. Papa Noel atenderá a tódolos nenos/as, recollerá as súas cartas e se poderán fotografiar con él. Ademáis, haberá unha actuación de maxia a cargo do Mago Dani, e música coa orquesta de animación Arde Leixa.

Tamén se entregarán os premios do I Concurso Infantil de Debuxo Navideño, dirixido a nenos/as de 3 a 12 anos de idade. Existen tres categorías en función das idades: de 3 a 5 anos, de 6 a 8 anos, e de 9 a 12 anos. Haberá tres premios por categoría, e os que desexen participar poderán entregar os seus debuxos nos establecementos colaboradores (Biker Bar Route 66, Mi Nené, Prado Marquetería, Bioreona, Calzados Mara, Duende, Mercería Losi, Artesanía Loxe, Ébano Perfumería, Peluquería Mónica Cereijo, Cosmygan, e Óptica La Gándara) ata o dia 15 de decembro –incluido-.

Durante tódala tarde, a organización repartirá chocolate e cola cao quente, e a partires das 22.00 horas voltará a actuar a Orquesta Arde Leixa e haberá dous concertos musicais dos grupos Innsbruk e Sobraos Paciegos.

O presidente do Motoclub Fojeteiros, Santiago Galego, fixo un chamamento público á participación da cidadanía nesta iniciativa solidaria, a través da cal recaudáronse 1.400 kilos de alimentos e 25 metros cúbicos de xoguetes na pasada edición do ano 2010. “Agardamos contar coa asistencia do maior número de persoas posible, e coas súas aportacións de alimentos non perecederos ou xoguetes, que se poden deixar nos establecementos e empresas colaboradoras ata ese día. E queremos lembrar que tódalas aportacións irán destinadas a cubrir as necesidades dos máis necesitados da bisbarra por medio de Cáritas”, sinalou Galego.

Finalmente, Natalia Hermida destacou o “enorme e desinteresado traballo que realiza o Motoclub Fojeteiros de Narón, que sae do estrictamente deportivo para centrarse tamén na dimensión social. Dende o Concello de Narón queremos felicitalos publicamente porque sempre están a colaborar con nos”, declarou a Concelleira de Deportes, lembrando que ó día seguinte deste evento, Fojeteiros colaborará tamén no Memorial Adolfo Ros de atletismo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal