Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PRAZO PARA RENOVAR AS TARXETAS DO SERVIZO DE PRÉSTAMO DE BICICLETAS AMPLÍASE ATA O 31 DE XANEIRO
O PRAZO PARA RENOVAR AS TARXETAS DO SERVIZO DE PRÉSTAMO DE BICICLETAS AMPLÍASE ATA O 31 DE XANEIRO
A tarifa anual é de 20 euros para os maiores de idade, e 10 euros para rapaces de 12 a 18 anos.
Narón, 13 de xaneiro de 2012.- O Concello de Narón ven de ampliar o prazo para renovar as tarxetas do servizo de aluguer de bicicletas, Naronroda, cuxo uso foi gratuito durante os últimos catro meses do ano 2011.

Así, os 1.424 usuarios deste servizo poderán abonar o coste anual da súa tarxeta ata o dia 31 de xaneiro, para poder facer uso do servizo durante o ano 2012. Establécense dúas maneiras de realizar o pago: mediante ingreso na caixa do Concello (situada na pranta baixa da Casa Consistorial) ou ben en calqueira oficina de Novagalicia Banco.

Existen dúas tarifas para os usuarios: 10€ para aqueles de 12 a 18 anos de idade, e 20€ para os maiores de 18 anos.

Na actualidade, existen nove estacións de préstamo de bicicletas en Narón, con capacidade total para 76 ciclos. Están situadas nos seguintes puntos do municipio:

- Centro Saúde (Rúa 25 de xullo) 12 bicicletas.
- Praza da Gándara (Rúa Vilalba) 12 bicicletas.
- Odeón (Avda. Cataluña) 12 bicicletas.
- Pista polideportiva Sta. Icía (Rúa Francisco Pizarro) 12 bicicletas.
- Estrada de Castela, rotonda de Freixeiro (Oficina de Turismo) 12 bicicletas.
- Estrada de Castela (diante da escola infantil de Piñeiros) 8 bicicletas.
- Paseo marítimo de Xuvia (colexio Ponte de Xuvia) 8 bicicletas.
- Estrada de Cedeira, punto quilométrico 0,900 (Institutos) 12 bicicletas.
- Polígono Río do Pozo (Avenida Bernardo Romero, diante de Protección Civil) 8 bicicletas.

O sistema de aluguer de bicicletas permite o seu uso contínuo durante duas horas, podendo retirala de novo transcurridos cinco minutos. O horario deste servizo é o seguinte: entre as 7:30 e as 21:30 h de luns a sábado; e entre as 10:00 e as 21:30 h os domingos e festivos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal