Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
NARÓN ACOLLE A 45ª EXPOSICIÓN GALEGA DA POMBA MENSAXEIRA
NARÓN ACOLLE A 45ª EXPOSICIÓN GALEGA DA POMBA MENSAXEIRA
Os días 14 e 15 de xaneiro, no Centro Comercial Dolce Vita Odeón.
Narón, 12 de xaneiro de 2012.- O Centro Comercial Dolce Vita Odeón acollerá os días 14 e 15 de xaneiro a 45ª Exposición Galega da Pomba Mensaxeira, organizada polo Club Colombófilo Mensaxeiras Mariñas Altas de Narón, en colaboración co Padroado de Deportes do Concello de Narón.

Nesta exposición, que ten como obxectivo a promoción do deporte das carreiras con pombas mensaxeiras, concentraranse exemplares de pombas mensaxeiras de tódalas sociedades colombófilas de Galicia. Da mesma sairan as mensaxeiras premiadas, que se proclamarán Campionas de Galicia e que representarán á comunidade galega na Exposición Nacional que se celebrará a finais de xaneiro en Asturias.

As pombas estará expostas en gaiolas individuais sobre mesas, na área comercial de Odeón. Haberá tres xuices nacionais, seis xuices rexionais e outros seis xuices sociais que se encargarán da valoración dos exemplares.

Programa da Exposición Galega de Pombas Mensaxeiras é o seguinte:

Sábado 14 de xaneiro:
8:00 horas.- Montaxe da exposición por parte da organización.
11:00 horas.- Curso de reciclado de xuices, no Hotel Husa Odeón. Neste curso participarán tódolos xuices galegos, entre eles tres xuices do clube Mariñas Altas de Narón. Será impartido por Agustín Fernández Ventura, presidente da Comisión Nacional de Xuices da Real Federación Española.
16:30 horas.- Enxuizamento das pombas participantes na Exposición. Se realizará de cara ó público.

Domingo 15 de xaneiro:
9:00 horas.- Apertura da exposición ó públco. As pombas permanecerán expostas no Centro Comercial Dolce Vita Odeón todo o día.
12:30 horas.- Conferencia sobre "Colombofilia Canaria e Colombofilia Galega" no Hotel Husa Odeón.
15:00 horas.- Entrega de premios da Campaña Deportiva do ano 2011 da Federación Galega de Colombifilia.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal