Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
CURSOS DE LINGUA GALEGA PREPARATORIOS PARA OBTENER O TÍTULO CELGA
CURSOS DE LINGUA GALEGA PREPARATORIOS PARA OBTENER O TÍTULO CELGA
A matrícula destos cursos, de caracter gratuito, pode realizarse no Concello ata o dia 30 de xaneiro.
Narón, 16 de Xaneiro de 2012.- O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón, integrado na Concellería de Ensino que dirixe Mª del Carmen Espada, mantén aberto o prazo de matrícula para realizar os cursos de lingua galega, preparatorios para a obtención dos títulos Celga 1, 2, 3 e 4.

Os interesados poderán matricularse no Concello ata o vindeiro 30 de xaneiro. Para elo, deberán cubrir o impreso de matrícula no Rexistro Xeral Municipal -en horario de 8:30 a 13:30 horas, de luns a venres- e achegar unha fotocopia do DNI.

Os cursos de lingua galega se impartirán no Centro de Formación Irmáns Froilaz (A Gándara) nos meses de abril e maio, aproximadamente entre o 9 de abril e o 30 de maio –a data de celebración é orientativa posto que é a Xunta quen marca o inicio do curso, e aporta ós docentes que os impartirán-. O horario será de 17:00 a 19:30 horas, de luns a xoves, e terán unha duración de 75 horas por curso, cun límite de 30 prazas en cada un deles. Os exames para a obtención do título Celga se realizarán no mes de xuño.

Os cursos preparatorios son convocados pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia. O anuncio oficial desta convocatoria foi publicado no DOG do 09 de xaneiro de 2012.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal