Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
NOVA EDICIÓN DO CURSO DE SOCORRISTA ACUÁTICO PROFESIONAL
NOVA EDICIÓN DO CURSO DE SOCORRISTA ACUÁTICO PROFESIONAL
Organizado polo Grupo de Investigación en Actividades Acuáticas e Socorrismo da Universidade de A Coruña.
Narón, 31 de Xaneiro de 2012.- O Concello de Narón abriu onte o prazo de inscrición para matricularse no Curso de Socorrista Acuático Profesional organizado pola Fundación Universidade de A Coruña (a través do Grupo de Investigación en Actividades Acuáticas e Socorrismo da UDC) en colaboración co Padroado de Deportes do Concello de Narón.

Os interesados poden informarse e realizar a matrícula no Rexistro Xeral do Concello, ata o venres 10 de febreiro. A cota da mesma é de 400 euros, aínda que para o alumnado da Universidade da Coruña e para as persoas empadroadas no Concello de Narón a cota é de 340 euros.

As clases darán comezo o 17 de febreiro de 2012 e rematarán o 1 de abril de 2012, impartíndose os fins de semana (venres pola tarde, e sábado e domingo mañá e tarde). A carga lectiva presencial é de 120 horas, e as prácticas realizaranse na piscina municipal de A Gándara e nas praias dos municipios de Ferrol e Valdoviño.

Os contidos do curso son os seguintes: natación, primeiros auxilios, prevención de accidentes en instalacións acuáticas, rescate de accidentados no medio acuático, prevención de accidentes en espazos acuáticos naturais, e rescate de accidentados en espazos acuáticos naturais.

Para realizar o curso é imprescindible que o número de inscritos sexa como mínimo de 20 persoas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal