Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
Adxudicadas novas obras no parque do río Freixeiro
Adxudicadas novas obras no parque do río Freixeiro
As obras de construción da segunda fase do parque fluvial do río Freixeiro adxudicáronse á empresa Aopil por 211.878, 36 euros. Esta nova fase das obras permitirá aos veciños gozar, cando estean rematadas, dunha superficie verde de 23.000 metros cadrados.
A segunda fase das obras, que comezará en breve prazo, consiste na creación dun parque de tipo didáctico, no que se poda observar o ecosistema típico dun río galego. Nunha das novas áreas verdes crearase unha grande masa arbórea de cores fortes, noutras manterase a vexetación autóctona de ribeira, plantarase un grande tapiz verde e colocaranse bancos, sendas peonís na dirección da desembocadura do río, unha praza de madeira e alumeado público.
A empresa Aopil presentou ao Concello a oferta máis barata das cinco que concorreron ao concurso, e permite un aforro ao municipio de casi 38.000 euros.
O Concello de Narón tamén adxudicou as obras de mellora da accesibilidade no pavillón da Gándara (á empresa Construcciones M Pita por importe de 90.000 euros) e as de urbanización da rúa A Garda (á empresa Cuíña S.A., por importe de 56.400 euros), con baixas que supoñen, respectivamente, o 19 e o 6 por cento dos tipos de licitación.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal