Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
I EXPOSICIÓN NACIONAL CANINA 'CIDADE DE NARON' NO RECINTO FEIRAL DO TRECE
I EXPOSICIÓN NACIONAL CANINA 'CIDADE DE NARON' NO RECINTO FEIRAL DO TRECE
Celébrase os días 3 e 4 de marzo, e é puntuable para o Campionato Galego de Cans de Raza.
Narón, 6 de Febreiro de 2012.- O Recinto Feiral do Trece acollerá os días 3 e 4 de marzo a I Exposición Nacional Canina ‘Cidade de Narón’ organizada pola Sociedade Cinolóxica Galega (Expogal) en colaboración coas Concellerías de Feiras e Mercados e Medio Ambiente do Concello de Narón. Esta exposición é puntuable para o Campeonato Galego de Cans de Raza.

O programa da Exposición comenzará o sábado día 3 a partires das 17:00 horas, con exhibicións do grupo de traballo A Baiuca (Ferrol) que realizarán probas de agility con cans de auga español, e da agrupación de Cans de Salvamento de Galicia (Casaga), con cans de rescate.

A xornada do sábado rematará co I Concurso de Mascotas para Cans sen pedigree, no que se premiarán ós mellores exemplares en catro categorías: pitufín (o can máis pequeno), king kong (o can máis grande), miss e mister (os máis fermosos). A inscrición para participar neste concurso terá un prezo simbólico de 3 euros, e se realizará antes de comenzar o mesmo.

O domingo día 4 a partires das 11:00 horas terá lugar a Exposición Nacional Canina, na que se otorgará un Punto do Campeonato Galego de Cans de Raza (para acadar o título de campión galego, é preciso gañar 4 puntos en diferentes exposicións caninas). Na xornada de mañá celebrarase a exposición, e pola tarde a partires das 16:30 horas se disputarán as finais.

As inscricións poden realizarse na páxina web www.expogal.es ou ben no teléfono 637 521 932. Tamén está permitido inscribirse o domingo antes do inicio da exposición.

Ademáis, durante toda a Exposición, tanto o sábado coma o domingo realizaranse recoñecementos de raza para cans sen pedigree.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal