Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NARÓN ESTÁ A PUNTO DE ACADAR OS 14.000 SOCIOS
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NARÓN ESTÁ A PUNTO DE ACADAR OS 14.000 SOCIOS
Ademáis de libros didácticos e divulgativos, ofrece CDs e DVDs e soporte informático.
Narón, 8 de Febreiro de 2012.- A Concelleira de Bibliotecas de Narón, Mª del Carmen Espada, ofreceu hoxe as cifras de socios e préstamos efectuados no ano 2011 na Biblioteca Municipal, que veñen a respaldar a evolución positiva que está a acadar este servizo público, cun elevado número de usuarios de Narón e comarca.

Así, segundo apuntou a edila, o número total de préstamos realizados no 2011 ascendeu a 28.189 volumes prestados, cunha media de 99,61 préstamos ó día. (Estos números incrementáronse respecto ó ano 2010, cando se prestaron un total de 25.483 volumes).

O número de préstamos realizados no ano pasado, clasifícase como segue:

Monografías: 27.421 volumes
Documentos sonoros: 35 volumes (CD)
Documentos audiovisuais: 625 volumes (DVD)
Documentos electrónicos: 108 volumes (CD-ROM e DVD electrónicos)

Ademáis, a Biblioteca Municipal do Alto catalogou no 2011 un total de 1.757 novos volumes, clasificados en monografías (1.636), documentos sonoros (18), documentos audiovisuais (95) e documentos electrónicos (8).

A Concelleira de Bibliotecas valorou o bo uso que están a facer os veciños e veciñas de Narón deste servizo público, lembrando que na Biblioteca Municipal póñense á súa disposición todo tipo de materiais didácticos e divulgativos, e ademáis ofrécese tamén ós cidadáns a posibilidade de conectarse ás novas tecnoloxías a través dos equipos informáticos da primeira pranta.

Respecto ós usuarios da Biblioteca do Alto, en 2011 incrementáronse en 491 novas altas (das cales 408 viven en Narón, o que representa o 83,10%, e outras 83 viven en outros concellos, principalmente Ferrol, Valdoviño, Fene e Neda). A maior parte destos novos socios da Biblioteca son mulleres (296), frente a homes (185).

A 31 de decembro do ano 2011 o número total de socios da Biblioteca Municipal (que inclúe as bibliotecas de O Alto, A Gándara e A Solaina) contabilizouse en 13.913, e a día de hoxe esa cifra ten aumentado xa, ata chegar na actualidade a 13.971 persoas asociadas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal