Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO OFRECE FORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL ÓS DESEMPREGADOS
O CONCELLO OFRECE FORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL ÓS DESEMPREGADOS
Consulte aquí os servizos municipais adicados á búsqueda de emprego.
Narón, 13 de Febreiro de 2012.- A Concellería de Formación Laboral e Emprego de Narón, dirixida pola edil Mª del Mar Gómez, está a aumentar os recursos municipais de cara á mellora da empregabilidade e inserción laboral das persoas desempregadas de Narón.

Así, o Concello dispón de oito persoas adicadas á búsqueda de emprego:

-Unha orientadora laboral, encargada de informar, asesorar e orientar a persoas desempregadas para mellorar as súas capacidades e destrezas, e asesoralas nos itinerarios formativos e informarlos sobre empregas e contratos. Para poder ser atendidos pola orientadora laboral, é preciso pedir cita previa no teléfono 012 ou no Concello.
-Unha técnica de emprego, encargada de informar, asesorar e acompañar ás persoas que queiran iniciar un negocio e crear o seu propio posto de traballo. Axudará a evalorar posibilidades, custos, localización e tramitación das axudas económicas.
-Dous técnicos de apoio e un coordinador de formación encargados de informar, asesorar e coordinar na formación laboral e profesional.
-Tres orientadores de emprego para as mesmas tarefas sobreditas, pero adicados a atender a 100 desempregados no Plan Integrado de Emprego “Collefolgos” que logo de 2 meses de funcionamento xa conseguiron 13 contratos.

Ademáis, o Concello dispón de recursos materiais e de equipamento, coma o Centro de Formación Municipal “Irmáns Froilaz” (A Gándara), que dispón de 2.500 m2 cubertos construídos, e que na actualidade atópase no proceso de homologación de novas especialidades e ocupacións para realizar e adaptar a oferta ós novos retos da sociedade e do mercado laboral.

Balance do ano 2011
Con todos estos recursos humanos e materiais, no ano 2011 ofrecéronse os seguintes servizos:


Orientación laboral:

-Persoas atendidas para orientación laboral: 439.

-Persoas atendidas en itinerarios profesionais individualizados: 7.

-Persoas atendidas no Prodis (Programa de Inserción): 36.



Proxectos atendidos para a creación de microempresas:

-Proxectos asesorados para iniciar negocios autónomos ou microempresas: 38.

-Microempresas constituídas: 22.

-Microempresas que continúan en fase de estudio e viabilidade: 16.



Resultados de formación laboral:

-Número de accións formativas realizadas: 33.

-Número total de alumnos participantes nestas accións: 443.



Resultados de contratación:

-Número de contratos asinados por desempregados/as participantes nas accións formativas para o emprego: 62.

-Porcentaxe de inserción laboral en alumnos formados: 36%.

-Número de contratos/postos de traballo creados polo programa de microempresas: 22.

-Porcentaxe de inserción laboral en programa de microempresas: 58%.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal