Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
VISITA DO OBISPO DA DIÓCESE DE MONDOÑEDO-FERROL Ó CONCELLO DE NARÓN
Foi recibido polo Alcalde, José Manuel Blanco, e os voceiros dos partidos políticos municipais.
Narón, 13 de Febreiro de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recibíu hoxe no Concello a visita institucional do Obispo da Diócese de Mondoñedo-Ferrol, Manuel Sánchez Monge. O rexedor estivo acompañado polos voceiros dos grupos políticos con representación municipal, e o Obispo acudíu ó encontro con dous sacerdotes da diócese. O encontro enmárcase na rolda de visitas pastorais que Manuel Sánchez Monge está a facer polos concellos da bisbarra, e no caso de Narón servíu tamén para falar sobre o estado dos convenios que manteñen actualmente ambas partes. En concreto, o Concello e a Diócese acordaron incorporar ó novo Plan Xeral de Ordenación Urbana os terreos que actualmente ocupan o Cemiterio Parroquial do Alto do Castiñeiro, para darlle traslado ós 450 nichos ó camposanto municipal. O Concello entregaría á Diócese unha parte desta parcela, de 1.700 m2 de superficie (situada detrás do Pazo da Cultura), ademáis de reservar outro espazo para zonas verdes. Ambas partes coinciden na necesidade de trasladar este cemiterio ás instalacións de O Feal. Por outra banda, o Concello e a Diócese están pendentes de firmar un convenio para a posta en valor do entorno do Mosteiro de San Martiño do Couto. A comunidade eclesiástica propón ó Concello a cesión dos terreos contigüos un período de tempo de entre 20 e 25 anos, que suman –cunha propiedade municipal aledaña- máis de 10.000 metros cadrados de zona verde. O Concello pola súa banda comprométese a facerse cargo da limpeza do entorno, a reparación de parte do muro exterior e a colocación de iluminación neste lugar.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal