Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
RECOLLIDOS MÁIS DE 12.000 LITROS DE ACEITE DE COCIÑA USADO PARA A SÚA RECICLAXE
Foron depositados dende o ano 2010 nos seis colectores instalados en Narón.
Narón, 15 de Febreiro de 2012.- O Concelleiro de Servizos de Narón, Pablo Mauriz, ofreceu hoxe os datos de recollida de aceite de cociña usado, realizada polo Concello nos últimos dous anos. Estas cifras constatan o bo uso que os veciños estanlle a dar ós seis colectores de recollida de aceite doméstico, instalados en abril do ano 2010 nos seguintes lugares: Praza de Santa Icía, Praza de A Gándara, Estrada de Castela (nº 50-52), rúa 25 de Xullo (frente ó Centro Comercial de Narón), Estrada de Castela (nº564 –Piñeiros-) e Praza do Xulgado de Paz (Xubia). Así, en conxunto téñense recollidos un total de 12.460 litros de aceite de cociña usado a través destos colectores, para a súa reciclaxe. O edil delegado de Servizos animou ós veciños a seguir usando este servizo en beneficio do medio ambiente “dado que un litro de aceite verquido no mar pode chegar a contaminar 1.000 litros de auga”, lembrou Pablo Mauriz. As elevadas cifras de recollida deste resíduo constatan o bo uso que os cidadáns están a facer destos contenedores, nos que durante o ano 2010 se depositaron un total de 4.200 litros de aceite, e no ano 2011 chegaron a recollerse 8.260 litros. Como dato curioso, cabe salientar que os meses de maior recollida foron os do verán (xullo, agosto e setembro) e o colector onde máis aceite se depositou foi o da Praza da Gándara, seguido de cerca polo da Praza de Santa Icía. Ademáis da recollida nos colectores específicos, o aceite de cociña usado tamén pode depositarse no Punto Limpo Municipal (situado no Polígono de Río do Pozo) aberto ó público de luns a venres de 9 a 13 horas e de 16 a 19 horas, e os sábados de 9 a 14 horas. O Concelleiro de Servizos animou ós veciños a reciclar tamén outros resíduos xerados nos fogares (papel e cartón, vidrio, resíduos orgánicos, envases, latas e briks) por cuestións medioambientais e económicas. Precisamente nesta liña, Pablo Mauriz visitará o vindeiro venres 17 de febreiro a pranta de tratamento de resíduos de Sogama (Cerceda) coa intención de intercambiar coñecementos cos seus responsables, e trasladar posteriormente dende o Concello ós veciños os beneficios da reciclaxe iniciada dende os fogares.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal