Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ A REPRESENTACIÓN DA OPERA 'TURANDOT' DE PUCCINI, INTERPRETADA POLA COMPAÑÍA CONCERLIRICA
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ A REPRESENTACIÓN DA OPERA 'TURANDOT' DE PUCCINI, INTERPRETADA POLA COMPAÑÍA CONCERLIRICA
As entradas xa están á venda ó prezo de 30 euros. O espectáculo terá lugar o sábado 31 de marzo de 2012.
Narón, 16 de Febreiro de 2012.- O Pazo da Cultura de Narón acollerá o vindeiro 31 de marzo a representación da Ópera “Turandot” de Giacomo Puccini, a cargo da compañía de ópera internacional Concerlírica, coa participación de 120 artistas (entre orquestra, coro e solistas).

Trátase da sexta vez que se representa no Pazo da Cultura unha ópera, que nesta ocasión non suporá ningún gasto para o Concello xa que a compañía Concerlírica recadará unicamente a taquilla dese día. A ese respecto, o Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo quixo agradecer a colaboración prestada por esta compañía para poder desenvolver un espectáculo desta envergadura en Narón, sen gasto algún para o Concello.

“Debido ó recorte orzamentario de 350.000€ nos Orzamentos Municipais do 2012 en cultura, resultaba practicamente imposible poder contratar unha ópera, pero a compañía Concerlírica prantexounos esta posibilidade, coma unha especie de colaboración con nos”, salientou o edil de Cultura.

Así, Concerlírica obterá unicamente o recadado na taquilla, que no mellor dos casos (vendendo as máis de 900 localidades) suporá un déficit de 19.000€ xa que neste espectáculo traballan 140 persoas, entre actores e equipo técnico.

As entradas xa están á venta, ó prezo de 30€ para público xeral, e 25€ para abonados.

A compañía de opera internacional Concerlírica produce e distribúe ópera, ballet e concertos de música clásica en España. Case 20 anos de experiencia avalan a unha das produtoras máis importantes e consolidadas de España, realizando máis de 200 representacións cada ano.

Nos últimos anos situouse como unha das produtoras de ópera máis importantes de Europa, e mantén unha colaboración permanente coas producións de teatros coma o de Donetsk (Ucrania) cuxo equipo representará o espectáculo ‘Turandot’. O Teatro da Opera Nacional de Donetsk ten un equipo estable de 900 persoas no seu país, entre elenco artístico, equipo administrativo e técnico. Dende 1996 colaboran con Concerlírica dun xeito initerrumpido, cun mínimo de 80 representacións cada temporada.

Ficha técnica:
Reparto
TURANDOT: MARIBEL ORTEGA ( España) TATIANA PLEKHANOVA (Rusia) Soprano
CALAF: GIORGI MELADZE (Georgia) / MARTIN ILIEV ( Bulgaria ) BIUNG SAM LEE ( Corea) TIMUR: MAKSIM IVASCHUK ( Ucrania) Bajo
LIÙ: MIKI MORI (Japón) / LUCIANA CECILLE ( Brasil) Soprano
PING: VLADISLAV LISAK Barítono
PANG: PAVEL NAUMENKO, Tenor
PONG: SERGUEI UDOVIN Tenor
MANDARIN: STANISLAV SEREDIUK

Equipo artístico:
DIRECTOR MUSICAL: VASYL VASILENKO / VICTOR LEMKO
DIRECTORA DE CORO: LUDMILA STRELSOVA
DIRECTOR DE ESCENA: NADIA SHVETS
DISEÑO DE LUCES: TEATRO OPERA DONETSK
MAESTRA INTERNA: NINA ILINIA
TRADUCCIÓN SIMULTÁNEA: ANTONIO GARCIA DE CASTRO
DIRECCIÓN ARTÍSTICA: LEONOR GAGO
DIRECCIÓN GENERAL: CONCERLIRICA S.L



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal