Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DE DIPLOMAS DOS CURSOS DE FORMACIÓN PARA DESEMPREGADOS AFD
Un total de 43 persoas remataron con éxito as especialidades de Electricista de edificios, Soldador de estruturas metálicas e Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio.
Narón, 17 de Febreiro de 2012.- O Concello de Narón acolleu hoxe o acto de entrega dos 43 diplomas correspondentes ós alumnos/as que cursaron tres especialidades das Accións Formativas Dirixidas a Desempregados (AFD) nos últimos meses. En concreto, foron os cursos de Electricista de Edificios, Soldador de Estruturas Metálicas Lixeiras, e Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio. Os cursos AFD foron financiados pola Xunta de Galicia, e impartíronse no Centro Municipal de Formación “Irmáns Froilaz”, en A Gándara. O contido dos mesmos foi o seguinte: -Curso de Electricista de Edificios (15 diplomas). Desenvolvido de xuño a novembro de 2011, cun total de 948 horas. Contidos: montaxe, instalación, mantemento e reparación de liñas eléctricas de baixa tensión, cadros e automatismos eléctricos, maquinaria eléctrica, e instalacións de edificios. -Curso de Soldador de Estruturas Metálicas Lixeiras (15 diplomas). Celebrado entre xuño e decembro de 2011, cun total de 1.033 horas. Contido: distintas técnicas de soldadura lixeira. -Curso de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio (13 diplomas). De xullo a novembro de 2011, cun total de 618 horas de formación. Contido: atención física e psicosocial en domicilio a persoas con necesidades de asistencia, e prácticas profesionais non laborais. Ademáis, os tres cursos incluíron un módulo transversal de Inserción laboral, Sensibilización medioambiental e na Igualdade de Xénero, e Formación para a igualdade. No caso dos cursos de electricista e soldador, tamén se impartíu un módulo básico de Prevención de riscos laborais. No acto de entrega de diplomas participaron o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, o Xefe Territorial da Consellería de Traballo e Benestar, Luis Alvarez, e a Concelleira de Formación Laboral e Emprego, Mª del Mar Gómez. A delegada de Emprego de Narón salientou que o Concello está a buscar a homologación de novas especialidades formativas, para contribuir a aumentar o índice de inserción dos programas municipais de emprego, fixado actualmente nun 36% dos alumnos que realizan os cursos. Pola súa banda, o Alcalde de Narón felicitou ós alumnos/as que remataron con éxito os cursos, e destacou a importancia da formación laboral á hora de atopar un emprego. “Creemos que este é o momento de seguir preparándose porque as persoas que estean máis formadas serán as que antes se integren no mercado laboral”, declarou José Manuel Blanco.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal