Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O ALCALDE RECIBE Ó COMITÉ DE EMPRESA DE NAVANTIA E LLE TRASLADA O APOIO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL
O ALCALDE RECIBE Ó COMITÉ DE EMPRESA DE NAVANTIA E LLE TRASLADA O APOIO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL
Os traballadores do sector naval reclaman carga de traballo para os estaleiros da ría de Ferrol.
Narón, 5 de Marzo de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recibíu hoxe ó comité de empresa dos centros de Navantia en Ferrol e Fene, que se desplazou ó Concello para solicitar o respaldo institucional de Narón na súa reivindicación de carga de traballo para os estaleiros da ría.

José Manuel Blanco expresoulles o apoio unánime da Corporación Municipal de Narón co sector naval, reflexado nunha moción aprobada por unanimidade no Pleno celebrado o 27 de outubro de 2011. O acordo, impulsado polo BNG e aprobado por tódolos grupos políticos con representación municipal, esixía á SEPI a elaboración dun Plan de Traballo para asegurar a carteira laboral dos estaleiros públicos da ría de Ferrol, que permitise o mantemento dos postos de traballo (directos e indirectos) desta industria. Entre os acordos, tamén se reclamaba a construcción do dique flotante e dun centro de reparacións de buques en Navantia. E pedíase a unión de tódolos concellos para exercer unha presión maior de cara á consecución de carga de traballo para o sector naval.

O Alcalde de Narón comunicoulles hoxe ós representantes do Comité de Empresa de Navantia en Ferrol e Fene o respaldo político do Concello de Narón ás súas reclamacións. José Manuel Blanco alertou sobre a necesidade de dotar de carga de traballo a estos estaleiros públicos, que no ano 2011 deron emprego a máis de 17.000 traballadores da bisbarra (entre a prantilla principal e a das compañías auxiliares) o que representa o 40% dos empregos do sector industrial.

Pero ademáis, o rexedor tentará buscar o apoio do resto de alcaldes da bisbarra neste tema, na xuntanza da Mancomunidade de Municipios deste mes de marzo. “Queremos que da Mancomunidade saia un acordo firme e unánime de solidariedade cos traballadores do sector naval, que poida axudar a exercer máis presión para dotar ós estaleiros de carga de traballo”, indicou o Alcalde.

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, tamén se reunirá esta semana con empresarios de compañía auxiliares do naval afincadas no polígono de Río do Pozo, para que se pronuncien públicamente a favor da carga de traballo para Navantia.

Os traballadores de Navantia e da industria auxiliar esixen ás administracións (fundamentalmente ó Goberno Central e á Xunta de Galicia) que cumpran os compromisos contraídos en época electoral, que se concretan en catro:

*O financiamento dun dique flotante para Navantia, que garanta a súa continuidade no mercado de reparacións de buques de grande porte.
*O cumprimento dos compromisos en materia de carga de traballo.
*A eliminación de todo tipo de vetos á construcción naval.
*Unha maior implicación dos gobernos nas accións comerciais para conseguir contratos no mercado internacional.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal