Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A OFICINA DE INFORMACIÓN XUVENIL ATENDEU A MÁIS DE 2.300 PERSOAS NO 2º SEMESTRE DO 2011
A OFICINA DE INFORMACIÓN XUVENIL ATENDEU A MÁIS DE 2.300 PERSOAS NO 2º SEMESTRE DO 2011
Este servizo está ubicado no 1º andar do Concello de Narón.
Narón, 28 de Febreiro de 2012.- A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), situada no 1º andar do Concello e dependente da Concellería de Mocidade que dirixe a edil Natalia Hermida, atendeu no 2º semestre do ano 2011 a un total de 2.358 persoas.

Do total das consultas, 998 corresponderon a homes e 1.360 a mulleres, clasificándose nos seguintes grupos de idade:

Idade Número de persoas Porcentaxe
Menores de 14 anos 274 11,62%
De 15 a 19 anos 524 22,22%
De 20 a 29 anos 710 30,11%
Maiores de 30 anos 850 36,04%

As consultas foron realizadas entre o 1 de xullo e o 30 de decembro de 2011, no horario de atención ó público do Concello (de luns a venres, de 8:00 a 13:30 horas). Os temas sobre os que efectuáronse as consultas foron principalmente o emprego (940 consultas), estudios e formación (663) e Formación Ocupacional (310). Ademáis, a OMIX ofreceu información sobre carnés (152), bolsas e axudas (60), campamentos e viaxes (58), programas da Xunta (39) e asociacionismo (8).

Ademáis das 2.358 visitas presenciais no segundo semestre do 2011, a Oficina Municipal de Información Xuvenil atendeu 1.900 peticións feitas por correo electrónico e a través da web da Concellería de Mocidade, www.dameuntoke.eu Este portal web recibiu un total de 6.848 visitas no período sinalado anteriormente, e outras 14.945 visitas a páxinas do portal web. Ademáis, dameuntoke ten 3.034 seguidores en Facebook e outros 59 en Twitter.

A OMIX realizou actividades complementarias á atención á mocidade, coma Obradoiros de educación afectivo-sexual e prevención de drogas en centros educativos (con 179 alumnos), Obradoiros de graffiti para mozos/as (con 15 participantes), e clases de baixo, guitarra e batería na Escola de Música Moderna de Narón (con 30 alumnos). Tamén puxo a disposición dos grupos de
música xove as Aulas de Ensaio da Casa da Mocidade (A Gándara), empregándoas un total de 9 grupos nese semestre.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal