Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO ELIXE A REMEDIOS PIÑÓN MÉNDEZ COMO MULLER DO ANO DE NARÓN 2012
O CONCELLO ELIXE A REMEDIOS PIÑÓN MÉNDEZ COMO MULLER DO ANO DE NARÓN 2012
Narón, 8 de Marzo de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, presidiron hoxe o acto de nomeamento da Muller do Ano de Narón 2012, con motivo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

Nesta ocasión a persoa elexida foi Remedios Piñón Méndez (Cerdido, 1948), veciña de San Xiao, e que simboliza o papel da muller ó coidado dos familiares dependentes. “Queremos recoñecer o seu traballo na casa, unha labor oculta e sacrificada que merece esta homenaxe. Pero ademáis, Remedios soubo compaxinar as súas obrigas familiares coa súa participación e colaboración co movemento asociativo de Narón”, declarou o Alcalde, José Manuel Blanco.

Remedios Piñón asumiu o papel de coidadora da sua nai, posteriormente do seu sogro e dende fai 15 anos do seu fillo parapléxico, víctima dun atropelo de coche. A día de hoxe, e logo de superar un prognóstico médico de extrema gravidade, o seu fillo Luis conseguiu o que ningún médico agardaba e grazas á dedicación da súa nai en particular: levar unha vida o máis normalizada posible, estudando Informática no Centro de Promoción da Autonomía Persoal (CEPAP) de Bergondo, e realizando actividades coma calquera outro rapaz (coma ir á neve ou mesmo á praia).

Pero ademáis, Remedios Piñón atopa tempo para participar en todo tipo de actividades na asociación de veciños, asistindo actualmente ó Taller de Memoria, Manualidades e Pintura. “Apúntome a todo o que supoña saír da casa, incluso a bailes e ceas, e levo ó meu fillo sempre conmigo. Na casa non se debe acomodar ninguén, hai que sair e animarse aínda que se teñan problemas como este ” declarou a Muller do Ano de Narón 2012, quen continúa loitando para que o seu fillo poida recuperar a súa autonomía personal.

O Alcalde e a Concelleira de Igualdade a obsequiaron cun diploma e un broche conmemorativos deste momento, ademáis dun ramo de frores e unhas invitacións para a Cea de Mulleres, que se celebra mañá venres ás 21:00 horas no Restaurante Casa Becerra de Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal