Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
REALIZAN OBRAS DE MELLORA NOS CAMIÑOS PEATONAIS DO PARQUE FLUVIAL DO RIO FREIXEIRO
REALIZAN OBRAS DE MELLORA NOS CAMIÑOS PEATONAIS DO PARQUE FLUVIAL DO RIO FREIXEIRO
O Concello está a promover unha campaña de mantemento e mellora dos parques públicos de Narón.
Narón, 13 de Marzo de 2012.- A Concellería de Servizos de Narón, dirixida polo edil Pablo Mauriz, está a levar a cabo unha campaña de mantemento e mellora dos parques públicos de Narón, de cara ó seu disfrute por parte de tódolos veciños e veciñas agora que se achega o bo tempo.

Trátase de pequenas actuacións que non supoñen un gasto excesivo pero que sí redundan na mellora das instalacións destes parques, e contribúen a que poidan ser visitados por máis persoas. Unha destas actuacións foi realizada nos últimos días no Parque Fluvial do Río Freixeiro, e consistíu nun cambio estético das zonas de paseo, sobre as que se votou un material árido co fin de eliminar as augas que caían dende a autoestrada sobre estos camiños, e mellorar a súa permeabilidade.

Os traballos foron executados pola empresa de xardinería Arce, actuándose sobre unha superficie de 2.000 metros cadrados (o parque ten en conxunto 9.000 m2). Esta intervención de mellora poderá repetirse de cara á vindeira primavera, e o resultado da mesma é un cambio estético que xa é apreciable actualmente.

Dende o Concello de Narón faise un chamamento ós veciños e veciñas para que fagan uso das zonas verdes do municipio, e para que contribúan a preservalas, especialmente aqueles propietarios de mascotas. Lémbraselles que deberán cumprir a Ordenanza de Tenencia de Animais de Compañía, que establece entre outras cuestións a obrigatoriedade de levar o can de paseo con buceira e recoller as súas deposicións.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal