Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
SINATURA DE CONVENIOS DE COLABORACIÓN COAS ASOCIACIÓNS DE DIABÉTICOS, EX ALCOHÓLICOS, E ENFERMOS DE CANCRO
O Concello achegará 6.000€ en conxunto para a realización de programas de apoio por parte destas entidades.
Narón, 16 de Marzo de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou hoxe tres convenios de colaboración coas entidades Asociación Española contra o Cancro, Asociación de Diabéticos de Ferrolterra, e Asociación de Ex Alcohólicos de Ferrolterra, en materia de servizos sociais. En conxunto, o Concello aportará 6.000€ a estas tres entidades (a razón de 2.000€ a cada unha delas), o que supón un esforzo económico para as arcas locais nestos tempos de crise económica. O rexedor confiou en que “nos vindeiros anos poidamos cambiar esta situación e aumentar a aportación ás asociacións” e confirmou “a vontade do Concello de Narón de seguir colaborando con entidades que traballan para os demáis”. Os representantes das tres asociacións que hoxe asinaron os convenios agradeceron o apoio económico do Concello, e salientaron o respaldo obtido dende sempre por esta institución. Coas aportacións recibidas, a asociación Española Contra o Cancro promoverá un programa de uso da piscina terapéutica de A Gándara, e realizará actividades contra a fatiga oncolóxica para enfermos de cancro de Narón. A asociación de Diabéticos de Ferrolterra realizará actividades de información e tratamento da diabetes, e accións de prevención e educación para a saúde. E por último, a Asociación de Ex Alcohólicos prestará atención en programas específicos de veciños de Narón con problemas de alcoholismo, que sexan derivados dende o Servizo Sociocomunitario. Tamén ofrecerá información e asesoramento ás familias das persoas afectadas, e colaboración en programas municipais de formación, asistencia ou reintegración social.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal