Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A COMUNIDADE EDUCATIVA ACORDA UN CALENDARIO DE ACCIÓNS E MOVILIZACIÓNS CONTRA O PECHE DAS ESCOLAS INFANTIS MUNICIPAIS
A COMUNIDADE EDUCATIVA ACORDA UN CALENDARIO DE ACCIÓNS E MOVILIZACIÓNS CONTRA O PECHE DAS ESCOLAS INFANTIS MUNICIPAIS
Reclámase á Xunta de Galicia que se comprometa na financiación das garderías públicas para evitar o seu peche no curso 2012-2013.
Narón, 19 de Marzo de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, os portavoces dos grupos políticos municipais (TEGA, PSOE, BNG, PP e Converxencia Galega), as ANPAS das tres Escolas Infantís Municipais (A Solaina, Piñeiros e A Gándara), e os sindicatos destas escolas (CCOO, UGT, CIG e USTG) acordaron hoxe iniciar un calendario de movilizacións para reclamar á Xunta de Galicia que se comprometa a financiar o terzo que lle corresponde na xestión destes centros para poder sacar a concurso as escolas infantis no curso 2012-2013 e evitar así o seu peche.

Na reunión de hoxe estableceuse o seguinte calendario de accións:

-Venres 23 de marzo, ás 17:00 horas no edificio de usos múltiples da Xunta de Galicia (Ferrol): entrega de firmas recollidas polas ANPAS en contra do peche das EIM, e concentración posterior.

-Domingo 25 de marzo, ás 12:00 horas na Praza de Galicia (Narón): concentración de pais, nais, sindicatos, grupos políticos e veciños/as para reclamar á Xunta que rectifique a súa postura e comprométase economicamente para evitar o peche das EIM.

-Martes 27 de marzo, ó finalizar a xornada escolar: peche de mestres, pais e nais nas Escolas Infantís Municipais de A Solaina, Piñeiros e A Gándara.
-Luns 2 de abril, ás 19:00 horas na sala de Reunións do Concello: xuntanza do Alcalde, os grupos políticos, as ANPAS e os sindicatos, para valorar as accións levadas a cabo e continuar co calendario de movilizacións no caso de ser necesarias.


O Alcalde de Narón destacou a unidade de acción de tódolos presentes na reunión de hoxe, e apelou ó sentido común por parte da Xunta de Galicia “para buscar unha solución conxunta, que evite o peche das escolas infantís no vindeiro curso escolar”. José Manuel Blanco lembrou que “hai 360 nenos e nenas que se poden quedar sen praza de gardería pública, e iso non o podemos permitir”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal