Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O INSTITUTO NACIONAL DE ESTADÍSTICA RECOÑECE A NARÓN 39.213 HABITANTES
Esta cifra, que aínda pode verse incrementada, supón un aumento de 303 persoas respecto ó ano 2011.
Narón, 28 de Marzo de 2012.- O Instituto Nacional de Estatística (INE) acaba de recoñecer a Narón a cifra de 39.213 habitantes, a data de 1 de xaneiro de 2012. Esta cifra –que aínda non é definitiva- foi xa recurrida polo Concello de Narón, quen propón que se recoñezan 39.404 persoas, tendo en conta as variacións do Padrón Municipal. Logo de valorar as alegacións interposta por Narón, o INE emitirá o dato definitivo nun par de meses, tal e como fixo en abril de 2011, cando recoñeceu de forma oficial 38.910 habitantes. O Concello de Narón baseou a súa reclamación nas revisións do padrón e nas notificacións feitas ós veciños que aínda non figuraban no mesmo, para a súa inclusión. Con esta cifra de habitantes proposta polo INE, Narón obtería uns ingresos de 6.462.493€ para o ano 2013 por parte do Estado, que se poden ver incrementados na medida en que o INE recoñeza as alegacións do Concello. Dende o ano 2005, Narón está a realizar un importante esforzo de actualización do padrón municipal, o que repercutíu nunha suba aproximada de 1,5 millóns de euros nos últimos seis anos, polo incremento do número de habitantes recoñecidos oficialmente polo INE a instancias do Concello. Na actualidade, dende o Departamento Municipal de Estatística estanse a notificar individualmente ós veciños que aínda non estean censados, da súa obriga de facelo. Tamén, e de xeito mensual, estase a revisar o censo municipal de habitantes.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal