Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PLENO APROBA UNHA RESERVA DE CRÉDITO PARA O SERVIZO DE LACERÍA MANCOMUNADO.
O PLENO APROBA UNHA RESERVA DE CRÉDITO PARA O SERVIZO DE LACERÍA MANCOMUNADO.
Os concellos da ría compartirán a canceira de Mougá, para cuxo mantemento Narón aportará un máximo de 27.303€ anuais.
Narón, 30 de Marzo de 2012.- A Corporación Municipal de Narón celebrou hoxe o Pleno Ordinario (trasladado do 29 ó 30 de marzo polo seguemento da Folga Xeral) no que se aprobou por unanimidade unha reserva de crédito para o contrato de xestión do Servizo de Lacería Mancomunado.

En virtude deste acordo, aprobado pola Mancomunidade de Municipios de Ferrolterra, o Concello de Narón aportará un máximo de 27.303 euros anuais, durante un período de tempo de 6 anos –duración do contrato que sairá a concurso, prorrogables por dous anos máis-. A canceira comarcal ofrecerá os servizos de lacería, recollida, aloxamento e control de animais domésticos e salvaxes en cautividade nos municipios da Mancomunade.

Noutro orde de asuntos, hoxe tamén se deu conta da relación de facturas e do informe de intervención referidos ó Real Decreto Lei 4/2012 que establece unha liña de créditos ós municipios para o pago de facturas do ano 2011. O Concello de Narón non ten obrigas pendentes de pago que reúnan os requisitos establecidos neste Real Decreto, polo que non será necesario acudir a este plan de axuste orzamentario.

Ademáis, foi aprobada por unanimidade a participación do Concello de Narón no convenio para a colaboración e desenvolvemento de programas de cualificación profesional inicial (PCPI) entre centros educativos, empresas, entidades de diferentes concellos. En virtude deste convenio, Narón está a impartir 220 horas de docencia (repartidas en 2 fases de 110 horas cada unha) no Centro de Formación Municipal de A Gándara) a especialidade “Operacións auxiliares de fabricación mecánica” por un importe total de 8.800€.

No apartado de mocións, foron debatidas dúas. A primeira foi presentada polos grupos municipais do PP e Grupo Mixto, e aprobada cos votos de estos dous grupos e de TEGA (e a abstención de PSOE e BNG). Trátase dunha moción relativa a actuacións para o fomento da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres no ámbito do emprego. Instase ós gobernos autonómico e central a realizar un plan de emprego para as mulleres, un plan especial para a non discriminación salarial entre mulleres e homes, e un plan integral de apoio á conciliación da vida laboral, persoal e familiar.

A outra moción debatida foi aprobada cos votos do goberno municipal (TEGA, PSOE e BNG) e a abstención do PP. Trátase dunha moción do BNG relativa á protección das persoas afectadas pola colocación masiva de participacións preferentes. Na mesma ínstase á Xunta e ó Goberno do Estado a adoptar medidas efectivas de protección dos clientes de entidades financieiras que investiron os seus aforros en instrumentos financieiros opacos, sen que por parte das entidades fosen informados debidamente dos riscos do produto e sen que se cumprisen as demais obrigas establecidas na normativa, co fin de que podan recuperar os seus aforros no prazo de tempo máis breve posible.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal