Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NO ANO 2011 DESCENDERON OS ACCIDENTES DE TRÁFICO NOS PRINCIPAIS VIAIS DE NARÓN
Así se recolle na Memoria de Actuacións da Policía Local durante o ano pasado.
Narón, 3 de Abril de 2012.- A Policía Local de Narón ten xa elaborada a Memoria de actuacións no ano 2011, da que se desprende un descenso xeral dun 17% no número de accidentes de tráfico con respecto ó ano 2010. Este descenso é significativo na Estrada de Castela (pasando de 100 a 76 accidentes rexistrados neste vial), no Polígono de Río do Pozo (de 13 a 6 accidentes) e na Estrada de Cedeira (de 18 a 9 accidentes). Por outro lado, observouse un aumento nos arredores do Centro Comercial ‘Dolce Vita Odeón’, concretamente pasando a Avenida de Cataluña (de 12 a 20 accidentes) e na Avenida de Castelao (de 3 a 7 accidentes). Pola contra, incrementáronse nun 18% as denuncias por infraccións de tráfico, nas que a competencia sancionadora é do Concello e a súa tramitación e cobro é xestionado pola Deputación Provincial. E téñense rexistrado tamén un incremento dun 36% nas denuncias, onde a competencia sancionadora é da Xefatura Provincial de Tráfico. Da Memoria Anual da Policía Local de Narón despréndese tamén un incremento dun 2,5% no número de informes con respecto ó ano 2010, principalmente polo aumento de actuacións en relación co xulgado, en materia de obras, medio ambiente e sanidade, denuncias contempladas na Ordenanza de Animais de Compañía e Perigosos, e en materia de seguridade viaria no relativo a informes e estudios de sinalización). A prantilla da Policía Local de Narón está composta por 35 axentes, organizados baixo as ordes da Xefatura de Policía, nas seguintes unidades: -Unidade administrativa (composta por dous Oficiais e tres Axentes, que se encargan de tarefas administrativas tramitación, denuncias, atestados, informes, notificacións, mobilidade, seguridade viaria e sinalización, educación vial). -Unidade de atestados e seguridade cidadá (composta polo Oficial Xefe de Servizo e tres Axentes, prestando servizos en atestados, informes de xulgado, infraccións de tráfico, controis de tráfico, control do horario de establecementos, control de ruídos, vixilancia de bens municipais, informes por alarmas, precinto e depósito de vehículos, citacións e notificacións do Xulgado, entrada e saída de colexios...) -Unidade de Tráfico (composta por dous Axentes motoristas, prestando servizo en control de estacionamentos, regulación do tráfico, sinalización, denuncias por infraccións ás normas de circulación, entrada e saída de colexios, Feirón de Santa Icía, eventos deportivos e culturais, e outras que se lles encomenden). -Unidade de Policía de Barrio (composta por tres Axentes, que patrullan polos barrios de Narón, resaltando a atención ó cidadán. Tamén se ocupan da seguridade cidadá, e realizan informes relativos a incidencias no lugar de patrulla, regulación da entrada e saída de colexios, e outras tarefas que se lles encomenden). -Unidade de Obras e Medio Ambiente (composta por tres Axentes, ocúpase de informes por vehículos abandonados, control de locais comerciais e de ocio, e informes relativos a: verquidos, obras menores e maiores, montes, animais, ocupación de vía pública…) -Unidade de Educación Vial (composta por un Axente e un Técnico, teñen encomendada a tarefa de impartir clases teóricas e prácticas en colexios, charlas en AA.VV. e centros de maiores, organización de marchas ciclistas polo municipio, e outras tarefas en materia de Educación Vial).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal