Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INCREMENTA O CONVENIO COA ASOCIACIÓN ASPANEPS, RECUPERANDO A ACHEGA ECONÓMICA DO ANO 2010
O goberno municipal aportará 15.000€ para un programa de intervención social dirixido a usuarios de Narón.
Narón, 10 de Abril de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a presidenta de Aspaneps (Asociación de Nenos con problemas psicosociais), Paula Martínez, asinaron hoxe un convenio de colaboración para desenvolver un programa de intervención social, dirixido a nenos/as en risco psicosocial e ás súas familias. Na actualidade, esta entidade atende a 30 familias do municipio de Narón, dentro do acordo asinado co Concello para este ano 2012. A principal novidade do acordo firmado hoxe é que o Concello de Narón recupera a achega económica que foi aportada no ano 2010, que ascende a 15.000€, e que tivo que ser recortada no 2011 (fixada en 9.500€) debido á crise económica. O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, destacou a colaboración entre administracións e asociacións para chegar ó conxunto da sociedade, asegurando que “a pesares dos difíciles momentos económicos que estamos a vivir, fixemos un esforzo por recuperar a colaboración que tíñamos no ano 2010”. Pola súa banda, a Concelleira de Acción Social, Catalina García, destacou tamén o traballo que dende Narón se fixo “por manter as políticas sociais porque pensamos que son prioritarias e nesa liña imos seguir traballando”. Pola súa banda, a presidenta de Aspaneps agradeceu ó Concello o incremento do convenio, especialmente nun momento no que “temos recortes por todas partes” declarou. Ó abeiro deste convenio, Aspaneps está a realizar un programa de intervención social a través dos proxectos de “Intervención Familiar” e “Intervención coa Infancia e Risco Psicosocial” atendendo tanto a nenos/as coma ás súas familias.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es