Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
CONCENTRACIÓN DE ANPAS E PERSOAL DAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DIANTE DO CONCELLO
CONCENTRACIÓN DE ANPAS E PERSOAL DAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DIANTE DO CONCELLO
O Alcalde reitera a necesidade de que a Xunta se comprometa na financiación dun tercio do custe destos centros de 0 a 3 anos.
Narón, 9 de Abril de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, reiterou hoxe a necesidade de que a Xunta de Galicia se comprometa na financiación das Escolas Infantís Municipais de Narón para poder sacar a concurso a súa xestión para o curso 2012-2013. A colaboración económica da administración galega resulta imprescindible para realizar este trámite, que deberá estar resolto antes do mes de xullo.

As tres Escolas Infantís Municipais de Narón son financiadas na actualidade entre o Concello, os pais/nais dos usuarios e a Xunta de Galicia, quen foi reducendo a súa aportación nos últimos anos, obrigando á administración local a compensar este déficit, ata chegar a unha situación insostible. “Non podemos sacar a concurso a xestión das escolas infantís sen ter a seguridade de que a Xunta de Galicia vai comprometerse na súa financiación. Necesitamos garantías por parte do goberno galego para que as escolas infantís poidan seguir funcionando no vindeiro curso escolar”, indicou José Manuel Blanco. Polo momento, están asegurados dos tercios da financiación necesaria para manter os centros, os correspondentes ó Concello e ós pais/nais dos usuarios.

O Alcalde e o resto de membros do goberno municipal (TEGA, PSOE e BNG) participaron hoxe nunha manifestación realizada diante do Concello por parte do persoal das EIM e ANPAS dos tres centros. Perto de 500 persoas, ataviadas na súa maioría con prendas negras en sinal de luto pola situación de incertidume que estase a vivir, partiron a pé de cada un dos seus centros (A Solaina, Piñeiros e A Gándara) ata chegar á Casa Consistorial, onde concentráronse para reclamar á Xunta de Galicia que se comprometa co mantemento deste servizo.

A este respecto, José Manuel Blanco lembrou que a educación infantil de 0 a 3 anos “é un dereito dos nenos e nenas, e un servizo necesario e fundamental para que os seus proxenitores poidan conciliar a vida familiar e laboral”. O Alcalde agarda que a Xunta de Galicia “ recapacite e poñan os medios que sexan necesarios para acadar unha solución a este problema”.

Tamén o portavoz das ANPAS das EIM de Narón, Oscar Mouriz, destacou a vontade dos pais e nais, e do persoal que traballa nas tres escolas –máis de 40 traballadores/as- por salvagardar o futuro destos centros públicos. “Non imos parar ata que consigamos manter este servizo e os postos de traballo que xenera”, declarou.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal