Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRANTACIÓN DE 50 ARBORES NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
Participaron escolares de 4º de Primaria do Colexio Ponte de Xuvia.
Narón, 25 de Abril de 2012.- A Asociación Xuvenil de Tempo Libre “Croio” levou a cabo unha plantación de árbores no Paseo Marítimo de Xuvia, o pasado sábado 21 de abril . Esta iniciativa forma parte do Convenio de colaboración asinado recentemente co Concello de Narón (en virtude do cal se realizarán tamén a limpeza das beiras do río Xuvia, e un inventario de árbores singulares do municipio, ademáis dunha campaña de aniñamento) e na mesma participaron un grupo de 30 alumn@s de 4º de Educación Primaria do CEIP Ponte de Xuvia. En concreto, foron plantadas 50 árbores, de especies coma os magnolios, os acibros, as fotinias, os bidueiros, e mesmo un gingko biloba. Os lugares nos que se plantaron foron o inicio do paseo marítimo (onde estaba a piscina, xunto a Megasa) e as proximidades do CEIP Ponte de Xuvia. Tódolos participantes recibiron unha placa acreditativa da súa colaboración.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es