Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
NOVA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DAS TERRAZAS DOS LOCAIS DE HOSTALERÍA
NOVA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DAS TERRAZAS DOS LOCAIS DE HOSTALERÍA
Se aprobará no Pleno Ordinario do 26 de abril, e flexibiliza as condicións para a súa instalación.
Narón, 24 de Abril de 2012.- A Comisión de Contratación, Persoal e Especial de Contas celebrada onte no Concello deu conta da Ordenanza Municipal Reguladora das Terrazas dos Locais de Hostalería, que será levada ó Pleno Ordinario (xoves dia 26 de abril, ás 18:30 horas) para a súa aprobación inicial. Esta ordenanza modifícase para permitir maior flexibilidade nas instalacións hosteleiras do municipio, incluíndo as zonas verdes.

Esta ordenanza foi elaborada tendo en conta o disposto na normativa reguladora da accesibilidade, a Orde Ministerial VIV/561/2010, do 1 de febreiro (BOE 11/03/2010), así como a Lei do Parlamento de Galicia 8/1997, do 20 de agosto, de Accesibilidade e Supresión de Barreiras (DOGA 29/08/1997) e o Decreto da Xunta de Galicia 35/2000 (DOGA 29/02/2000).

Esta nova normativa sobre terrazas establece o réxime xurídico aplicable á instalación e funcionamento das terrazas de hostelería, con ou sen pechamento estable. Permite a instalación de mesas, cadeiras, parasoles, toldos, xardineiras e outros elementos de mobiliario urbano móbiles e desmontables, e tamén toneis e barrís en lugar de mesas, no solo público ou no privado. Nos locais de hostelería que se atopen en hoteis ou centros comerciais, tamén poderán situarse nos espazos libres de parecela de titularidade privada e nos respectivos patios interiores.

A implantación destas instalacións require a previa obtención de autorización municipal, que poderá ser anual ou trimestral. O horario de funcionamento das terrazas será ata a 01:00 horas da madrugada nos meses de maio, xuño, xullo, agosto e setembro e durante o resto de meses do ano será ata as 23:30 horas , excepto nas noites que van de venres a sábado, e de sábado a domingo, así como as noites previas ós festivos que será ata as 00:30 horas.

As terrazas que pretendan instalarse en solo público deberán ter unha largura libre de paso peonil dun mínimo de un metro cincuenta, e cando o grao de inclinación da rúa o aconselle instalaranse tarimas de madeira tratada sobre as que se situará o mobiliario. Ademáis, poderá haber actuacións en directo nas terrazas ata as 22:30 horas da noite, pero non estarán permitidas aquelas que sexan amplificadas ou con percusion, así como a instalación de equipos audiovisuais ou a emisión de son ou vídeo nos espazos e instalacións da terraza.

As terrazas con pechamento terán unha altura exterior máxima da estructura de 3 metros, e no interior do pechamento a altura mínima será de 2,50 metros. Os pechamentos estables contarán cun cartel indicativo da capacidade máxima.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal