Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ENTREGA DE DIPLOMAS DOS CURSOS DE CARROCERÍA, PINTURA E ELECTRICIDADE DE AUTOMÓVIL
ENTREGA DE DIPLOMAS DOS CURSOS DE CARROCERÍA, PINTURA E ELECTRICIDADE DE AUTOMÓVIL
Se impartiron ó abeiro do Plan de Formación e Inserción Profesional (FIP) da Xunta, finalizándoos con éxito un total de 26 alumnos.
Narón, 4 de Maio de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o presidente da Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de A Coruña (APTCOR), José Manuel Vilaboy, entregaron hoxe os diplomas correspondentes a dous cursos do Plan FIP (Formación e Inserción Profesional) da Xunta de Galicia, nas especialidades de “Carrocería e Pintura de Automóvil” e “Electricidade e Pintura de Automóvil”. En conxunto, finalizaron un total de 26 alumnos/as estos dous cursos, desenvolvidos nas instalacións da asociación, no lugar de Pena Parda (San Xiao-Narón).

O xerente da Asociación, Jose Manuel Cascales, explicou ós alumnos que “estos cursos son o camiño axeitado para encontrar traballo no sector do automóvil, que evoluciona rápido e constantemente. A situación laboral é igual de negativa para tódolos sectores pero cada vez máis a sociedade demanda mano de obra especializada, e o noso obxectivo como asociación é dar resposta a esa demanda, formando a xente cualificada para o mercado laboral”. Na mesma liña expresouse o presidente de APTCOR, quen felicitou ós alumnos por ter finalizado os cursos, e sobre a ausencia dunha parte dos mesmos indicou que é positivo “porque significa que están xa traballando co cal non poideron vir a recoller o seu diploma”.

Finalmente, o Alcalde de Narón agradeceu a colaboración que dende fai xa moitos anos lévase a cabo coa Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos, para a realización destos cursos de formación. “Dende o Concello seguimos colaborando tamén coa Xunta de Galicia para poder ofrecer en Narón diferentes cursos de formación, que preparen ás persoas desempregadas para dar resposta ó mercado laboral”, comentou José Manuel Blanco.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal