Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÁIS DE 200 MOZ@S UTILIZAN CADA MES AS INSTALACIÓNS DA CASA DA MOCIDADE
Este espazo público, ubicado en A Gándara, tense convertido nun referente para a xuventude de Narón.
Narón, 7 de Maio de 2012.- A Concellería de Mocidade de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de facer públicos os datos de utilización da Casa da Mocidade, ubicada en A Gándara. Así, este espazo tense consolidado como un referente para a poboación máis xoven de Narón, debido a que máis de 200 mozos e mozas utilizan mensualmente estas instalacións para diversas actividades (sen contar as deportivas). As actividades e instalacións máis valoradas e seguidas pola mocidade son o Skate, as aulas de ensaio para grupos de bandas de música pop-rock, graffitti, e música instrumental e polifónica tipo “blues band”. Pero ademáis, os usuarios da Casa da Mocidade tamén poden conectarse a Internet por medio da Sala Dixital, e dispoñer de lectura e de espazos para outras actividades ocupacionais de ocio. A Concellería de Mocidade de Narón apostou nos últimos anos pola promoción dos programas de cultura urbana da mocidade, e proba delo foi a construcción do “parque de patinaxe” e do “Skate Park”, de excelente acollida entre os mozos/as. O impulso do espazo para ensaios de grupos de música xoven, tamén promovido pola concellería dirixida por Natalia hermida, supuxo un forte espaldarazo para crear unha imaxe da Casa da Mocidade identificada cos máis novos. Tamén a Escola de Música Moderna supón un proxecto innovador, que leva formando ós rapaces e rapazas máis de catro anos. Trátase dunha das poucas experiencias en Galicia, que por medio dun proxecto didáctico ofrece un apoio musical á poboación xuvenil, para desenvolver unha actividade fora da música de consertatorio, aínda que serve tamén para motivar ós participantes no programa da modalidade musical e da interpretación. Os obradoiros de graffitti, conveniados e concertados de maneira informal con grupos de grafiteiros, serviron para medrar na calidade artística e pintar muros, pontes e outros espazos disponibles, que contribuíron a mellorar o entorno urbano, conseguindo concienciar ós xóvenes sobre a necesidade de non provocar danos nas paredes e inmobles particulares, facilitándolles ó mesmo tempo un lugar onde expresar a súa creatividade. A Casa da Mocidade acollerá en breve tamén unha nova edición do Encontro Local da Mocidade, cun variado programa para a edición 2012, que suporá un verdadeiro escaparate das ocupacións e actividades da mocidade. Datos ocupación da casa da mocidade e nº de participantes: Obradoiro exprésate co Graffiti: 16 participantes. Obradiro facendo música xuntos: 15 participantes. Escola de música moderna( clases de guitarra, batería e baixo): 24 alumnos/as. Escola de música moderna( aulas de ensaio): 9 grupos. Skatepark: unha media de 150 patinadores/as ao mes. Biblioteca infanto-xuvenil: 8 nen@s/día. Aula de informática con conexión a Internet: 154 usuari@s/mes.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal