Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PRESENTACIÓN DA FESTA DOS MAIOS 2012 DE PIÑEIROS
PRESENTACIÓN DA FESTA DOS MAIOS 2012 DE PIÑEIROS
Se celebra os días 12 e 13 de maio no pavillón polideportivo, onde se realizará un mosaico conxunto e se exporán os traballos dos centros escolares de Narón.
Narón, 11 de Maio de 2012.- O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, acompañado por membros da Sociedade Cultural “Areosa” de Piñeiros, presentou hoxe en rolda de prensa o programa de actos da festa de Os Maios 2012, que se celebra mañá sábado no pavillón polideportivo de Piñeiros.

Trátase da 15ª edición desta festa, que tense convertido nun dos eventos máis senlleiros dos realizados no eido comunitario. A actividade principal sobre a que xirará a celebración dos Maios é a construción dun mosaico floral entre tódolos asistentes. Previamente, durante as pasadas semanas, 960 escolares de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria estiveron confeccionando os seus propios Maios, que tamén se poderán ver nunha exposición montada no pavillón, conformada por 33 maios dos seguintes centros: CPR Ayala, CEIP Ponte de Xuvia, CPR Santiago Apostol, CEIP Jorge Juan, CRA de Castro, Domirón, Sedes, Pedroso e O Val, e as Escolas Infantís Municipais de A Solaina, Piñeiros e A Gándara.

O programa de actos previsto é o seguinte:

Sábado 12 de maio
17:00 horas: Concentración no adro da Igrexa de Piñeiros.
17:30 horas: Saída da Comitiva.
17:40 horas: Recepción no Pavillón Polideportivo de Piñeiros.
18:00 horas: Programa de actos dos xogos florais: actuación dos grupos do Padroado, realización do mosaico floral, e mostra de maios escolares.

Domingo 13 de maio
Exposición de maios escolares no Pavillón Polideportivo de Piñeiros.

O programa dos Maios 2012 está organizado polo Padroado de Cultura do Concello de Narón, en colaboración coa Sociedade Cultural “Areosa” de Piñeiros. O Concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, agradeceu a axuda desinteresada que ven prestando ó longo dos anos a entidade Areosa nesta celebración.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal