Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A BIBLIOTECA ACOLLE UNHA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA E UN DOCUMENTAL SOBRE O COMERCIO XUSTO EN ECUADOR
A BIBLIOTECA ACOLLE UNHA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA E UN DOCUMENTAL SOBRE O COMERCIO XUSTO EN ECUADOR
Pode visitarse ata finais deste mes, en horario de mañá e tarde, con entrada gratuita.
Narón, 10 de Maio de 2012.- A biblioteca municipal de Narón acolle dende o dia 7 de maio a exposición ‘Os rostros do comercio xusto’, da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) e a ONGD Amarante Setem. A mostra, con entrada de balde, poderase visitar ata finais de maio, mes no que se conmemora o Día Internacional do Comercio Xusto, concretamente o vindeiro sábado 12. O horario de apertura é de 9.30 a 13.00 horas pola mañá e de 16 a 21 horas pola tarde, e os sábados de 10 a 13 horas.

O Concello de Narón proxectará tamén o documental ‘Pequenas doses de supervivencia. Os rostros do comercio xusto ecuatoriano’, referido ao mesmo proxecto. Tanto o filme como a exposición pretenden amosar o proceso de cambio que se produciu nas comunidades agrícolas ecuatorianas grazas ao comercio xusto e a cooperación internacional.

Os traballos visibilizan o resultado da colaboración entre a ONGD Amarante (Galicia) e a Fundación Maquita (Ecuador), unha organización de referencia no sector primario e social do país andino. Un labor que incidiu nunha maior igualdade de oportunidades, unha mellora das condicións de vida das clases máis baixas o avance cara unha equidade de xénero real.

A mostra fotográfica ‘Os rostros do comercio xusto’ recolle un conxunto de 40 imaxes en cor e branco e negro realizadas polo fotoxornalista vigués Miguel Núñez durante o proxecto acometido en Ecuador por un grupo de cinco reporteiros da ONGD Agareso durante o verán de 2009, en colaboración con Amarante.

O documental ‘Pequenas doses de supervivencia: Os rostros do comercio xusto ecuatoriano’ amosa a realidade do comercio xusto desde a óptica das tres grandes áreas do proceso produtivo: a colleita, a manufactura do produto e a distribución e venda tanto no comercio local como no exterior do país. O documental narra a situación actual deste proceso, a través das experiencias vitais do propio campesiñado e do seu traballo nalgunha das liñas produtivas do comercio xusto.

Durante quince días, os reporteiros Álex Espiño, Juan de Sola, Carlos Fariña, Rita Pérez e Miguel Núñez percorreron diversas provincias de Ecuador co obxectivo de reflectir a través dun documental, unha exposición fotográfica e un blog informativo o labor que realiza a asociación Maquita no país para apoiar o comercio xusto a través da comercialización dos produtos de diversas cooperativas que se dedican á produción de cacao, cana de azucre e cítricos. Produtos que despois por canles de exportación de comercio xusto chegan a nos por medio das liñas de comercialización de ONGD coma Amarante Setem.
As experiencias e vivencias dos reporteiros de Agareso en Ecuador para visibilizar o labor das cooperativas de comercio xusto atópanse recompiladas no blog ‘Agareso en Ecuador. Comercio Xusto (http://agaresoenecuador.blogspot.com/) que se pode consultar na web da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios www.agareso.org.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal