Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
MÁIS DUN MILLAR DE ALUMN@S PARTICIPARÁN NA V MARCHA CICLISTA ESCOLAR DO CONCELLO DE NARON
MÁIS DUN MILLAR DE ALUMN@S PARTICIPARÁN NA V MARCHA CICLISTA ESCOLAR DO CONCELLO DE NARON
Terá lugar o venres 25 de maio, con chegada no paseo marítimo de Xuvia, onde se celebrará o fin de festa.
Narón, 21 de Maio de 2012.- Máis dun millar de alumnos/as dos oito colexios públicos e concertados de Narón participarán o vindeiro venres 25 de maio na V Marcha Ciclista Escolar organizada polo equipo de Educación Viaria do Concello de Narón.

Hoxe foi presentado o evento en rolda de prensa polo Concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, acompañado dos responsables de Educación Vial de Narón, o policía Pedro Caneiro e o técnico de INEF Simón Cabarcos.

O edil de Seguridade Cidadá explicou que esta Marcha Ciclista realízase como actividade de fin de curso para tódolos centros de ensino que recibiron ó longo do curso as clases prácticas de educación vial impartidas polo equipo do Concello. “É para nos unha honra saber que non nos equivocamos cando iniciamos o proxecto de educación vial no CEIP de A Solaina, onde pintamos o primeiro circuito hai xa 6 anos”, declarou Guillermo Sánchez Fojo. Na actualidade, o Concello leva as clases de Educación Viaria a tódolos centros de ensino de Narón, dando formación así a 3.500 estudantes ó longo do curso. Para levar a cabo este proxecto, o Concello dispón

Nesta quinta edición, a Marcha Ciclista Escolar presenta dúas novidades: por unha banda a participación do ciclista Oscar Pereiro (gañador do Tour de Francia en 2006) e do periodista deportivo Terio Carrera. E por outra, a participación por primeira vez do CEIP Maciñeira de Neda, que tamén foi convidado a esta cita co deporte e a mocidade.

Os colexios participantes son os seguintes: A Gándara, A Solaina, Ponte de Xuvia, O Feal, Piñeiros, Jorge Juan, Virxe do Mar, e Santiago Apostol. En concreto, participarán alumnos/as de 2º a 6º de Educación Primaria, docentes, e nais e pais. Cada colexio sairá do seu centro e uniranse en pelotón na Estrada de Castela, para rematar todos xuntos no Paseo Marítimo de Xuvia. Os convidados partirán das inmediacións do hipermercado Alcampo, entorno ás 10:00 horas.

A organización da Marcha Ciclista realízase en colaboración coas ANPAS, Protección Civil, e o motoclub Fojeteiros, e co patrocinio das seguintes firmas comerciais: Froiz, Alcampo, Vitaldent Narón, Begano Coca-cola, Tuimil, e Centro Comercial Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal