Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O SCHOOL PADEL CENTER DE RÍO DO POZO ACOLLERÁ O I TORNEO DE PADEL 'CIDADE DE NARÓN' PARA PERSOAS XORDAS
Forma parte dos actos de conmemoración do 40º aniversario da Asociación de Xordos de Ferrol.
Narón, 23 de Maio de 2012.- As instalacións do Padel School Center ubicado no polígono de Río do Pozo acollerán o domingo 27 de maio o I Torneo de Padel para persoas xordas ‘Cidade de Narón’, organizado polo Club deportivo de xordos de Ferrol en colaboración co Concello de Narón e o Padroado de Deportes de Narón. Este torneo enmárcase dentro dos actos do 40º aniversario da Asociación de Xordos de Ferrol, que se celebra este fin de semana. No torneo participarán 4 equipos (cada un deles, composto por dous xogadores): dous equipos de Valencia, un equipo de Avilés, e o equipo de Ferrol. O horario do torneo é o seguinte: 10:00 a 11:30 horas: Primeira ronda clasificatoria. 11:30 a 13:00 horas: Tercer e carto posto. 13:00 a 14:30 horas: Final e entrega de trofeos. O evento foi presentado hoxe en Narón por membros do Club deportivo de xordos, da Asociación de Xordos de Ferrol, e as concelleiras de Deportes, Natalia Hermida, e Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio. Ambas delegadas felicitaron ó club deportivo e á asociación polo enorme esforzo que están a facer para integrarse na sociedade, e animaron ós seus membros a continuar nesta liña, ó tempo que apostaron por un cambio de mentalidade na sociedade “xa que todos somos persoas e temos particularidades, que temos que facerlle entender á sociedade”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal