Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O ALCALDE ASINA DOUS CONVENIOS DE COLABORACIÓN COAS ENTIDADES AFAL E DIGNIDADE FERROL
O ALCALDE ASINA DOUS CONVENIOS DE COLABORACIÓN COAS ENTIDADES AFAL E DIGNIDADE FERROL
O Concello achegará en conxunto 14.000€ para programas de apoio a enfermos de alzheimer e á infancia en risco de exclusión social.
Narón, 28 de Maio de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou hoxe dous convenios de colaboración coas presidentas das entidades Asociación Dignidade Ferrol, Mª Dolores Romero, e a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFAL), Milagros Prieto. O Concello achegará 8.000€ e 6.000€ respectivamente en concepto de apoio ós diferentes programas que desenvolven estas entidades, con familias e enfermos de alzheimer, e con menores en risco de exclusión social.

Na firma dos acordos tamén participou a Concelleira de Acción Social de Narón, Catalina García, quen destacou o feito de que o Concello recuperase as cantidades que percibiron estas asociacións no ano 2010, e que no ano pasado víronse reducidas a causa da crise económica. “A pesares dos momentos tan difíciles que estamos a vivir, consideramos fundamental manter os servizos ás persoas, porque son fundamentais para o benestar dos nosos veciños”, sinalou a edil. “Ademáis, tanto Afal coma Dignidade prestan servizos a dous colectivos que para nos son prioritarios: as persoas maiores e a infancia”, engadíu García.

Tanto a presidenta de AFAL coma a de Dignidade agradeceron ó Concello o feito de ter recuperada a aportación económica do ano 2010. A Asociación AFAL recibirá unha achega de 6.000€ para desenvolver programas de atención ás familias e ós enfermos de Alzheimer, ademáis de ofrecer cursos de formación e actividades de divulgación da enfermidade para a poboación de Narón. Pola súa parte, Dignidade recibirá 8.000€ que empregará en programas e servizos de atención a menores, e ás súas familias –especialmente familias monoparentais- en situación de risco. Tamén prestará antención a inmigrantes, toxicómanos e outros colectivos en risco de exclusión.

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, lembrou o compromiso adquirido en 2011 coas entidades sociais á hora de elaborar os Orzamentos Municipais do 2012. “Nese momento tivemos que facer uns orzamentos reducidos pero nos comprometimos a recuperar en canto poidésemos a colaboración que tíñamos inicialmente coas entidades, e así o estamos a facer agora. Ademáis, estos organismos resultan imprescindibles para chegar onde o Concello non pode” declarou o rexedor.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal