Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACIÓN DA NOVA PROGRAMACIÓN DE CURSOS E ACTIVIDADES DA AULA CEMIT DE XUVIA
O Concello organizará cursos para entidades e abrirá a aula durante duas horas diarias.
Narón, 28 de Maio de 2012.- O Concelleiro de Promoción Económica de Narón, Pablo Villamar, presentou hoxe en rolda de prensa a programación de cursos e actividades que se levarán a cabo neste ano 2012 para impulsar a aula CEMIT (Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) da antiga Casa Consistorial de Xuvia. Así, dende o Concello de Narón tense adxudicado á empresa naronesa Gatfor a xestión desta aula informática, para o desenvolvemento dunha programación estable durante este ano. En conxunto, realizaranse máis de 670 horas de actividade informática, nas que se desenvolverán diferentes programas: -Cursos de formación especializados. Téñense confirmados os seguintes cursos: Posicionamento Web,Tv en Internet, Deseño gráfico, Retoque fotográfico, Streaming de audio e vídeo, Community Manager, Produción audiovisual, e Creación de contidos Multimedia e Web 2.0. -Cursos específicos sobre administración dixital para persoal do Concello de Narón. -Cursos para entidades de Narón. -Aula aberta (a aula CEMIT abrirá as súas portas de xeito diario, durante dúas horas ó día nas que os usuarios poderán facer uso destas instalacións). Ademáis, dende a Concellería de Promoción Económica estanse a manter reunións coa Asociación de Comerciantes de Narón para organizar na aula CEMIT unha serie de cursos relacionados co mundo do pequeno comercio. Pablo Villamar lembrou que a aula CEMIT “está aberta a tódolos veciños de Narón e bisbarra” e destacou as enormes posibilidades destas instalacións, nas que tamén se poden levar a cabo outras actividades, coma teleconferencias.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal