Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
RECEPCIÓN INSTITUCIONAL A IRIA GRANDAL, ARQUEIRA DO CLUB ARCO NARÓN
RECEPCIÓN INSTITUCIONAL A IRIA GRANDAL, ARQUEIRA DO CLUB ARCO NARÓN
O Alcalde recibiu á deportista con motivo da súa recente clasificación para os Xogos Olímpicos de Londres 2012.
Narón, 30 de Maio de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recibíu hoxe no Concello á arqueira Iria Grandal, que entrena co Club Arco Narón, con motivo da súa clasificación para os Xogos Olímpicos de Londres 2012. O rexedor ofreceulle unha recepción institucional na que tamén estiveron presentes os voceiros dos grupos políticos municipais de TEGA, PSOE, BNG e PP, ademáis dos pais da deportista.

O acto iniciouse co visionado dunhas imaxes que resumían a traxectoria deportiva de Iria Grandal, e de seguido tomou a palabra a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, para felicitar á arqueira “á que lle quedan moitos retos por diante, e todo o que se propoña o vai acadar. Moitas grazas, Iria, porque estás a facer historia e estás a levar o nome de Narón polo mundo”. Ademáis, a edil de Deportes destacou a personalidade exemplar dunha “rapaza estupenda, boa compañeira e humilde ó máximo. O éxito de Iria é a culminación do proxecto do Club Arco Narón”, recalcou Natalia Hermida.

A deportista falou a continuación, para agradecer ó Concello “todo o que fixéchedes por mín e polo Club Arco Narón, porque coa vosa axuda xa conseguimos ter Campións de España en diferentes categorías”, sinalou Iria Grandal, que por segundo ano consecutivo foi elexida a Mellor Deportista do Ano polo Concello de Narón.

Tamén o seu pai agradeceu á institución municipal “a vosa axuda incondicional, porque vos sempre creíchedes no noso traballo, e por iso estaremos sempre agradecidos”. O proxenitor destacou tamén a política de fomento do deporte de base que mantén dende sempre o Concello de Narón, comentando ó respecto que “así é como se acadan os éxitos deportivos”.

Finalmente, o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, dedicoulle unhas palabras á arqueira olímpica desexándolle “que disfrute deste momento sen presión, e se chegan éxitos moitísimo mellor, pero o triunfo xa o ten acadado coa súa clasificación para os Xogos Olímpicos de Londres”. Por último, o rexedor sinalou que Narón continuará apostando polo deporte “porque consideramos que, xunto coa infancia, as persoas maiores e a cultura, son os pilares fundamentais sobre os que se asenta o noso concello”.

Iria Grandal recibíu unha placa conmemorativa desta recepción, co seguinte texto:

“O Concello de Narón a Iria Grandal por acadar a medalla de plata no Campionato de Europa Absoluto por Conxuntos Femininos e a clasificación para as Olimpiadas de Londres 2012”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal