Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O RALLYE DE NARÓN CUMPLE 25 ANOS, E SE CELEBRA DO 8 Ó 10 DE XUÑO COA PARTICIPACIÓN DE 122 PILOTOS NACIONAIS
O RALLYE DE NARÓN CUMPLE 25 ANOS, E SE CELEBRA DO 8 Ó 10 DE XUÑO COA PARTICIPACIÓN DE 122 PILOTOS NACIONAIS
O percorrido divídese en 7 tramos cronometrados polos municipios de Cerdido, San Sadurniño, Somozas, Valdoviño, Moeche e Narón.
Narón, 1 de Xuño de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, presidiu hoxe a presentación da 25ª edición do Rallye ‘Cidade de Narón’ que terá lugar os días 8, 9 e 10 de xuño coa participación confirmada de 122 pilotos (a metade deles, procedentes da comarca de Ferrolterra e 27 dos mesmos son do club Siroco Team Naron). O rexedor destacou a importancia dunha proba destas características, que vai máis alá do aspecto deportivo ó terse convertido nun acontecemento social que congrega a numerosos afeccionados a este deporte, ademáis de ser un auténtico revulsivo para a hostaleria.

“Resulta moi difícil atopar no mundo do deporte un club como o Siroco, que veñen facendo a mesma proba durante 25 anos, sen perder a ilusión e que ademáis continuan mellorando ano tras ano. Os meus parabéns á organización, pero tamén quero facer un chamamento ó público para que extremen as precaucións á hora de disfrutar do rallye”, comentou Blanco.

Esta 25ª edición do Rallye de Narón divídese en 7 tramos cronometrados, que discurrirán por Cerdido, Lamas (San Sadurniño), Somozas, Vilaboa (Valdoviño) e Moeche, establecéndose o parque pechado no exterior do Centro Comercial e de Ocio ‘Dolce Vita Odeón’. En total suman 125 kilómetros cronometrados.

A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, destacou a importancia desta convocatoria, calificándoa coma “a proba máis importante que ten Narón en cuanto a repercusión social e deportiva, e tamén en cuanto a dotación económica”; sinalou a edil. O presidente do Club Siroco Team, Antonio Sueiras, explicou que esta é unha proba de enorme complexidade, en cuxa organización participarán 750 persoas, e que conta cun orzamento que supera os 120.000€.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal