Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O APARCADOIRO DO PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ A XIRA GALEGA DE KARTING
O APARCADOIRO DO PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ A XIRA GALEGA DE KARTING
Recala en Narón do 8 ó 10 de xuño, aberta a tódolos públicos.
Narón, 1 de xuño de 2012.- O vindeiro xoves 7 de xuño chega a Narón o circuito urbano de karting da Xira Galega Karting, que se instalará no Aparcadoiro do Pazo da Cultura ó longo da vindeira fin de semana. A actividade está promovida polo Concello de Narón, a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, e diferentes empresas comerciais. O circuito inaugurarase o día 7 e permanecerá aberto ata o domingo 10.

Os escolares de Narón poderán disfrutar dunha sesión completa de pilotaxe gratuitamente, grazas á colaboración da Concellería de Deportes e Mocidade do Concello, nun horario reservado o xoves 7 e o venres 8, de 10 a 14 horas.

Os nenos a partir de 8 anos (ou 135 cms) disporán de 6 karts infantís cun motor Honda de 120 cc, con sistema de seguridade a distancia, polo cal o director de carreira pode desceleirar manualmente a calquera coche en pista. Os adultos disporán de 6 karts Honda de 200 cc con embrague 2:1. Trátase de motores potentes e elásticos, fáciles de conducir sen renunciar a nada. Como novidade, a Xira Karting pon a disposión do público un kart bipraza para os máis pequenos que aínda non poden conducir. Os nenos e nenas asistentes probarán a velocidade do circuito e terán a oportunidade de sentirse condutores por un día.

Xira Galega Karting é unha verdadeira experiencia automovilística, a bordo de vibrantes karts coa seguridade máis completa, sen necesidade de comprar ou alugar calquera equipamento. Ofreceráselles unha sesión de pilotaxe, con tódolos materiais (casco, protector...) incluidos. Tamén haberá unha xornada en familia con xogos, hinchables para nenos/as e agasallos. Non en balde, moitos dos pilotos de Fórmula 1 e rallies actuais naceron nesta canteira do motor, e incluso hoxe en día o consideran unha gran forma de comezar as pretempadas.

O horario oficial é o seguinte:

Mañás: xoves e venres de 10 a 14 horas (reservado escolares Concello de Narón), e sábado e domingo de 12 a 14 horas.
Tardes: xoves a domingo, de 17 a 22 horas.

A tarifa estándar é dende 7€ nenos e 10€ adulto, cunha duración de manga de aproximadamente cinco minutos. Hai tarifas con desconto dende 3,50€ nenos e 5€ adultos. Atendendo á solicitude de descontos, é posible acceder con grandes promocións en taquilla, a través da web e redes sociais, carné xove, e invitacións da OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) e co carné de familia numerosa.






Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal