Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PRESENTACIÓN DA GALA BENÉFICA "XUNT@S POLO SÁHARA" NA QUE ACTUARÁ O ARTISTA RAMIL
PRESENTACIÓN DA GALA BENÉFICA
Se celebra o sábado 16 de xuño no Pazo da Cultura, coa participación do Grupo de Bailes de Salón de Tedaga e da bailarina de Shakti Danza, Rosa Fernández Salanova.
Narón, 4 de Xuño de 2012.- A Concelleira de Acción Social de Narón, Catalina García, presentou hoxe en rolda de prensa a Gala Benéfica ‘Xunt@s polo Sáhara’ que se celebrará o sábado 16 de xuño no Pazo da Cultura de Narón, organizada pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.

A recadación desta gala se destinará íntegramente a financiar o desprazamento e a estancia estival en Narón dos nenos/as saharauis que forman parte do programa “Vacacións en Paz”. Neste ano virán inicialmente ó municipio un total de 7 nenos/as saharauis (o mesmo número que en 2011), a maioría deles (5) grazas ó convenio de colaboración entre a asociación e o Concello. Pero existen aínda outras dúas familias de acollida que estarían dispostas a participar neste programa en Narón, aínda que o problema é a escasez de fondos para asumir a viaxe.

Esté é o motivo da Gala Benéfica, cuxas entradas costarán 10€ e están xa á venda nas taquillas do Pazo. A Gala incluirá un concerto do artista Ramil, ex concursante de OT e orixinario da comarca de Ferrolterra. Tamén haberá unha exhibición de Bailes de Salón da Escola de Baile do Padroado, e outra exhibición de Shakti Danza a cargo de Rosa Fernández Salanova.

O cantante Ramil participou hoxe na rolda de prensa, e anunciou que na Gala Benéfica estará acompañado dun trío de músicos de jazz cos que interpretará diferentes estilos musicais, dende o fado ata o propio jazz, pasando pola canción galega e incluso o pop eou o swing.

A Concelleira de Acción Social explicou que “o momento económico no que nos atopamos en España é difícil pero pensamos que con iniciativas coma ésta, totalmente altruista, podemos seguir axudando ós máis desfavorecidos”; sinalou Catalina García. Pola súa parte, Maite Pagán, delegada da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, agradeceu ó Concello e ó cantante Ramil a súa colaboración desinteresada para facer realidade este proxecto.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal