Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ENTREGA DE DIPLOMAS DO I CURSO DE MONITOR NACIONAL DE NATACIÓN
ENTREGA DE DIPLOMAS DO I CURSO DE MONITOR NACIONAL DE NATACIÓN
Estivo organizado pola Federación Galega de Natación e o Padroado de Deportes do Concello de Narón.
Narón, 8 de Xuño de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, o secretario xeral da Federación Galega de Natación (Fegan), Ramón Mosquera, e o adestrador do Náutico de Narón, Amando Guerrero, presidiron hoxe a entrega de diplomas ós alumnos/as que concluíron con éxito o I Curso de Monitor Nacional (ENE) de Natación, que se desenvolveu no polideportivo municipal de A Gándara do 24 de febreiro ó 24 de marzo.

Un total de 23 inscritos finalizaron con éxito este curso, de carácter teórico-práctico cunha duración de 55 horas lectivas de clase máis 30 horas de prácticas didácticas. Os participantes recibiron 25 horas lectivas de ensinanza xeral, 10 horas de psicopedagoxía, 15 horas de bases biopatolóxicas, e 5 horas de salvamento acuático.

Este seminario foi organizado pola Federación Galega de Natación en colaboración co Padroado de Deportes de Narón. A Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, agradeceu á Federación a súa disponibilidade grazas á cal “poidemos levar a cabo este curso, ofrecendo así maior formación laboral á mocidade”. A edil da área lembrou tamén que nestos tres últimos anos, Narón ten formado “perto de 60 socorristas acuáticos profesionais, grazas tamén á colaboración da Federación Galega de Natación e da Universidade da Coruña”.

Pola súa banda, o secretario da Fegan, Ramón Mosquera, tamén incidíu na importancia da colaboración entre institucións “porque así podemos realizar cursos, por exemplo, fora das nosas instalacións de A Coruña e de Pontevedra, como o caso de Narón”.

Finalmente, o Alcalde destacou o feito de levar a cabo iniciativas coma ésta porque “en momentos de crise, a formación é moi importante. Por iso os animo a seguir ampliando a vosa preparación”, dixo ós alumnos. José Manuel Blanco tamén fixo referencia ó entendemento entre administracións e organismos “para mellorar os servizos que prestamos ós cidadáns”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal