Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PASEO MARÍTIMO DE XUVIA ACOLLE A 3ª EDICIÓN DA FEIRA DO VIÑO
O PASEO MARÍTIMO DE XUVIA ACOLLE A 3ª EDICIÓN DA FEIRA DO VIÑO
Nesta ocasión a organización corre a conta do Concello de Neda.
Narón, 15 de xuño de 2012.- A concelleira de Promoción Turística de Neda, Montse Rico, e a súa homóloga de Narón, Mar Gómez, presentaron onte en rolda de prensa a terceira edición de Xuviño, o encontro dos viños que organizan ambos concellos no entorno do Paseo Marítimo de Xuvia, zona limítrofe entre os municipios. Arrancará hoxe venres ás 18,30 horas, e prolongaráse durante toda a xornada do sábado e do domingo. Reunirá a doce bodegas que promocionarán ata medio centenar de marcas dos mellores viños en haimas distribuidas ao longo da beira do río. Xunto aos caldos, o público que asista a Xuviño 2012 poderá degustar pinchos elaborados con productos típicos da zona, como o pan e a empanada de Neda ou os pementos do Couto.

O encontro dos viños tamén reunirá toda unha serie de postos de artesanía, en-tre os que os visitantes poderán mercar orfebrería ou productos elaborados con coiro, madeira tallada, area, entre outros. Así mesmo, as familias que acudan cos seus fillos terán tamén o seu espazo, xa que a organización disporá de diferentes atraccións.

Nesta liña, a edil Montse Rico sinalou que, a pesares da crise económica actual, dende os concellos de Neda e de Narón querían nesta edición medrar un pouco máis, ampliar a oferta. Un obxetivo conseguido, xa que o número de bodegas presentes este ano se eleva dende as oito do 2011 ata as 12 actuais. Así mesmo, na xornada do sábado a organización prepara a degustación dunha paella xigante, ás 13,30 horas. O mesmo día, pero a partires das 18,30 horas, Xuviño 2012 acollerá unha festa rocieira para a promoción do fino das bodegas.

Non faltarán as tradicionais sevillanas e, nesta liña, Montse Rico sinalou que á cita están invitadas alumnas de escolas da comarca. Por último, a concelleira avanzou que se espera a visita do presidente da Deputación provincial da Coru-ña, Diego Calvo, e a asistencia de alcaldes da comarca. Xunto cos rexidores de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo, e de Narón, Xosé Manuel Blanco, realizarán un percorrido polos postos. E, nesta liña, invitou a toda a cidadanía a acudir ao encontro dos viños xa dende hoxe.

Pola súa banda, Mar Gómez asegurou que era un placer continuar coa relación de colaboración institucional entre ambos concellos. Destacou que a día de hoxe Xuviño é xa un referente para os amantes dos caldos e comprometeu o seu esforzo para continuar traballando para mellorar a oferta do encontro.

Doutra banda, a concelleira Montse Rico agradeceu a colaboración prestada por Tranvías de Ferrol que, amáis de promocionar esta cita na súa flota de autocares, habilitará dous servizos especiais para o encontro. Así, os usuarios poderán regresar a Ferrol ben ás 22,40 horas ben ás 23,15 horas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal