Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
I XORNADA CARDIOSAUDABLE NA PRAZA DE GALICIA
I XORNADA CARDIOSAUDABLE NA PRAZA DE GALICIA
Se celebra o xoves 21 de xuño coa participación de expertos en mediciña, alimentación e exercicio físico.
Narón, 20 de Xuño de 2012.- O Concelleiro de Sanidade de Narón, Manuel Ramos, e o coordinador de Atención Primaria do Centro de Saúde de Narón, Juan Couce –ambos médicos- presentaron hoxe en rolda de prensa a I Xornada Cardiosaudable, que se celebrará o xoves 21 de xuño de 17:00 a 20:00 no Auditorio Municipal da Praza de Galicia.

Esta xornada está dirixida ó persoal sanitario, coidadores, traballadores sociais e poboación en xeral. Consistirá nunha serie de actividades (charlas, obradoiros e actividades ó aire libre) coordinadas por un equipo multidisciplinar de expertos en hábitos de vida saudables.

O programa de actividades é o seguinte:

17:00 horas: Inauguración oficial e charla sobre “Corazón san” a cargo de Alejandro Mesías (Cardiólogo).

17:35 horas: Elaboración dunha dieta saudable a cargo do cociñeiro Alfonso Pendás.

17:50 horas: Charla sobre “Saúde e Deporte” a cargo de Carlos Piñeiro (Médico de Familia do Centro de Saúde de Narón).

18:05 horas: Conferencia sobre “Contaminación e saúde cardiovascular” a cargo de Octavio Dopico (Médico de Familia do Centro de Saúde de Narón).

18:20 horas: Conferencia sobre o Programa Alerta Corazón a cargo de Javier Abella.

18:35 horas: Descanso.

18:50 horas: Charla da doctora Marina Casas, sobre Saude bucodental e corazón.

19:05 horas: Juan Iglesias falará sobre exercicios e dieta saudable.

19:20 horas: Charla de Eva María Perez sobre Pilates e os seus beneficios.

19:35 horas: Charla da podóloga María Souto sobre Pé san.

20:00 horas: Clausura e peche a cargo de Marcos Mella, cunha exhibición de musicoterapia.

Paralelamente, haberá unha sesión de descanso cardiosaudable a cargo do establecemento O Tapiz, obradoiros de Ioga (do Centro de Ioga Om Shanti) e Pilates (inspiración), obradoiros de reanimación cardiopulmonar (a cargo da Fundación Zonas Cardio) e unha ruta en bicicleta ata o Mosteiro do Couto, onde se realizará unha visita guiada polo interior do mosteiro. Os interesados en participar nesta última actividade, poden inscribirse no correo a.bello@naron.es ou na Oficiña de Educación Vial do Concello (situada no baixo da Casa Consistorial).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal